Verán de campamentos e lecer cultural para todos os públicos

A Rede Museística Provincial organiza diferentes actividades

Campamento no Museo Provincial de Lugo
Campamento no Museo Provincial de Lugo

A Rede Museística Provincial preparou un programa de campamentos e actividades de lecer e culturais para todos os públicos ao longo do verán. Terán lugar no Museo Provincial de Lugo, no Museo-Fortaleza San Paio de Narla (Friol), no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) e no Pazo de Tor (Monforte de Lemos). O obxectivo é «achegar os asistentes ás fontes primarias de coñecemento».

MUSEO PROVINCIAL

- Campamentos. De 4 a 12 anos e membros do Club Pequeamig@s. 20 prazas para cada quenda, de 10.30 a 14.00 horas:

· 1-5 de xullo

· 8-12 de xullo

· 19-23 de agosto

· 26 ao 30 de agosto

Inscricións: formulario específico no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo ata o 26 de xuño, de 9.00 a 14.00 horas). O día 28 comunicarase a listaxe de admitidos. Unha vez comunicada a admisión do fillo ou filla para calquera das quendas, en caso de que non teñan previsto asistir, desde o Museo pregan que se comunique á maior brevidade para facilitar que outros demandantes en reserva poidan ser convocados.

- Actividades para o Club Sénior:

· Álbum de Memoria. 8 e 9 de xullo, de 18.00 a 20.00 horas.

- Actividades con colectivos:

· Hoxe, 12.00 horas. Refectorio do Museo. Teatro: Vida cómica, obra interpretada pola Compañía de Teatro IMPROvabilidades composta por persoas usuarias do centro COGAMI-Lugo. En colaboración con Cogami.

MUSEO-FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA

- Campamentos. De 4 a 12 anos e membros do Club Pequeamig@s. 20 prazas para cada quenda, de 12.00 a 14.00 horas:

· 9-13 de xullo.

· 20-24 de agosto.

Inscricións: formulario específico no Departamento de Didáctica do Museo Fortaleza San Paio de Narla, ata o día 27 de xuño. O 1 de xullo comunicarase a listaxe de admitidos. Unha vez comunicada a admisión do fillo ou filla para calquera das quendas, en caso de que non teñan previsto asistir, desde o Museo pregan que se comunique á maior brevidade para facilitar que outros demandantes en reserva poidan ser convocados.

- Actividades para o Club Sénior:

· Álbum de Memoria. 6 de agosto, de 17.00 a 19.00 horas.

- Actividades con colectivos:

· Escénicas en Rede. 8 agosto, de 12.00 a 14.00h.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Verán de campamentos e lecer cultural para todos os públicos