Festa reivindicativa pola diversidade sexual, tamén das persoas refuxiadas

O venres 21 celébrase o Orgullo DiversX en Lugo


Venres 21 • A partir das 18.00 horas • Xardíns do Museo Provincial de Lugo •

Un ano máis, Arelas, a Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia, xunto á Rede Museística Provincial de Lugo, organizan a festa do Orgullo DiversX. O obxectivo é defender a liberdade sexual e de xénero, sumando este ano á reivindicación ás persoas refuxiadas ou en situación de asilo por motivo da súa orientación e identidade de xénero. «Desde Accem Lugo, Arelas e a Rede Museística de Lugo queremos visibilizar que o feito de sentirse atraído por unha persoa do seu mesmo sexo ou identificarse cun sexo e xénero diferente ao asignado no momento do nacemento, é motivo suficiente para que miles de persoas vexan a súa vida ameazada nalgúns países», explican.

Ás 18.00 horas haberá obradoiros infantís, mentres que ás 20.00 horas terá lugar un coloquio con testemuñas en primeira persoa, baixo o título «Persoas na procura de liberdades».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Festa reivindicativa pola diversidade sexual, tamén das persoas refuxiadas