O Consello de Universidades dá o visto bo ao grao de Robótica no campus de Lugo

Ata agora só se podía estudar na Rey Juan Carlos e en Alacante


Lugo / La Voz

A oferta académica da Universidade de Santiago para o próximo curso 2019-20 incluirá o Grao de Robótica, segundo aprobou este luns o Consello Galego de Universidades. Este novo título, único no Sistema Universitario Galego, e que ata o momento só se podía cursar nas Universidades Rey Juan Carlos e Alacante, ofrece 50 prazas de novo ingreso para o primeiro curso.

O grao, que se desenvolverá na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, presenta un programa académico cunha estrutura total de 240 créditos, repartidos ao longo de catro cursos e distribuídos en 60 créditos de formación básica, 126 de materias

obrigatorias, 30 créditos de asignaturas optativas, 12 créditos en prácticas externas obrigatorios e 12 créditos para o Traballo Fin de Grao. 

O itinerario académico do grao en Robótica posibilitará ao alumnado comezar a ensamblar e programar robots reais dende o primeiro curso, grazas a existencia de materias de proxectos integrados, de carácter totalmente práctico, e nas que porá en xogo os coñecementos adquiridos noutras materias para a resolución de retos en robots. 

AgroRobótica

O título contempla unha mención en AgroRobótica, para a que deberá seguirse un itinerario formado por 30 créditos ECTS de materias relacionadas coa especialización escollida optando entre unha oferta de 6 materias.

Ampliación de posgraos

A oferta académica da USC para o curso 2019-20 tamén depara unha renovación e ampliación da súa programación de posgrao oficial.

Daquela, ao amplo abano de títulos existente súmanse os mestrados en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e o Desenvolvemento; Enxeñaría de Procesado de Alimentos; Investigación en Ciencias da Visión; Psicoloxía; Psicoloxía do Traballo e da Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense, e Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia dos Materiais.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

O Consello de Universidades dá o visto bo ao grao de Robótica no campus de Lugo