Morre o Ferreiro da Puebla, un fonsagradino e empresario exemplar


José Fernández Villaverde,( Puebla de Burón, 1934), fonsagradino, empresario e sobre todo home de ben, O Ferreiro da Puebla, como era coñecido Villaverde, deixounos para sempre despois dunha longa enfermidade. Este recoñecido buronés foi un dos primeiros impulsores da mecanización do agro na bisbarra, compaxinou o seu oficio coa venda e reparación de maquinaría agrícola nas instalacións que posúe no Campo da Feira, na vila da montaña. Home traballador, cercano, servizal, honesto e formal. Deixa un recordo imborrable na mente de todos por ser unha gran persoa.

A continuidade empresarial está garantida na persoa do seu fillo José, que xunto as irmáns Nieves e Tere, e a defunta esposa de José, Nieves, conformaron a familia Fernández Gómez, apreciados e queridos en toda a comarca.

O Ferreiro pertence a unha xeración de emprendedores que traballaron sen desmaio para saír adiante, nun país empobrecido e atrasado coma consecuencia dunha dolorosa guerra civil, o seu esforzo e tesón contribuíu decisivamente a que as xeracións vindeiras puidesen desfrutar de mellor calidade de vida e adiantos, que sen eles non sería posible.

O funeral e enterro de Fernández Villaverde será hoxe sábado, a partires das cinco da tarde, na Igrexa Parroquial da Fonsagrada

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Morre o Ferreiro da Puebla, un fonsagradino e empresario exemplar