Tito Pérez: «Os barrios galegos teñen o mesmo interese que os de cidades máis literarias como París»

O escritor, con raíces en Lugo, presenta hoxe ás 19.00 horas na libraría Trama o seu último libro, «O latexar dun barrio»


Tito Pérez (A Coruña, 1983), con raíces na aldea lucense do Picato e no barrio de Monte Alto, presenta hoxe en Lugo a súa segunda obra literaria en solitario, O latexar dun barrio. Será ás 19.00 horas na Libraría Trama. No acto contará coa actuación da soprano Mini Gandoy. Este enxeñeiro técnico industrial, que leva escribindo desde hai unha década -sobre todo poesía e relatos, con varios premios-, presenta nesta obra unha fotografía da sociedade galega, fundamentalmente urbana, unha narración sobre o barrio, os seus habitantes, as súas orixes e os seus conflitos.

-De que trata o libro?

-Trátase dun libro de relatos ambientado nun barrio, que podería ser o de calquera cidade galega. Son 18 relatos, centrados case todos eles a principios do século XXI, excepto un, que está ambientado na posguerra, nos que narro de forma realista os conflitos que hai nunha cidade ou vila: conflitos entre xeracións, bullying, emigración do campo á cidade...

-Que papel xoga Monte Alto?

-Este barrio aparece mencionado na portada do libro e hai referencias reais a algunha rúa porque crecín alí, pero podería ser calquera outro barrio. En calquera caso, trátase de relatos ficticios.

-Que fai especiais aos barrios galegos?

-Os barrios galegos teñen o mesmo interese para a literatura que os de cidades máis literarias ou míticas, como París.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Tito Pérez: «Os barrios galegos teñen o mesmo interese que os de cidades máis literarias como París»