«A intención dos lugueses era que gobernáramos, pero o sistema é este»

félix jorquera / m.d.c LUGO / RADIOVOZ, LA VOZ

LUGO CIUDAD

ALBERTO LÓPEZ

O popular lamenta a división que o afastou da alcaldía, «hai moitos votos que non serviron para nada»

28 may 2019 . Actualizado a las 19:57 h.

Ramón Carballo gañou o domingo as eleccións municipais en Lugo. O líder do PP conseguiu dez concelleiros para a súa formación con 15.612 votos, pero a maioría simple que non lle da para gobernar porque sumando esforzos con Ciudadanos aínda quedarían por debaixo dos 13 edís necesarios para facerse co bastón de mando. O candidato da formación azul acadou o segundo mellor resultado do seu partido nas principais cidades de Galicia, só por detrás de Rey Varela, que obtivo os 12 concelleiros para a súa formación en Ferrol.

-Cal é a sensación agora que pasou máis tempo da xornada electoral?

-Unha sensación agridoce. De satisfacción porque creo que fixemos unha gran campaña e os lucenses responderon positivamente ao noso modelo de campaña e o programa que nós lles presentamos. Temos, por outra parte, a sensación agre de non haber podido chegar a esa maioría que nos permitira gobernar. Nos quedamos nese terreo de non poder chegar, que é o obxectivo de calquera forza política e sobre todo do Partido Popular que é un partido de goberno.

-A tendencia das enquisas era positiva. Pensa que se a campaña dura un pouco máis o tería conseguido?

-Pode ser. Nós a verdade é que partimos dunha situación complicada a nivel xeral e a nivel de partido despois dunhas eleccións xerais onde tivéramos uns moi malos resultados, hai que dicilo así, a nivel xeral de toda España e de Lugo. Partíamos dunha tendencia moi negativa á hora de pedir o voto e entendemos que puido afectar, pero o longo da campaña e dos trackings que había nos foron dando subida permanente ata eses dez aos que chegamos. Xa tiñamos pensado chegar a ese 11, que o víamos moi accesible e de feito quedamos a moi poucos votos de ese concelleiro que nos permitiría negociar algunha forma de goberno.

-Houbo fases no reconto que lle deron 11 e dous a Ciudadanos, víase chamando a Olga Louzao?

-Nin chamei a Olga Louzao nin habíamos pensado nada, pero si que si tivéramos a posibilidade de gobernar nos sentaríamos con Olga Louzao e intentaríamos poder facer goberno. O que está claro é que o Bloque e o PSOE xa automaticamente manifestaron o seu entendemento para facer un goberno e teñen a lexitimidade para poder facelo.

-Que cree que dixeron os lugueses co resultado do domingo?

-Home, o que dixeron moi claro os lugueses é que non sancionaron ao goberno socialista de Lara Méndez nestes catro anos. Que haxan perdido votos e apoios dende as municipais anteriores, as xerais e as Europeas demostra un castigo claro ao goberno socialista e a Lara Méndez. Mantivo os oito concelleiros baixando o número de votos e baixando apoios. O partido socialista nas eleccións Europeas ganoulle ao Partido Popular en Lugo con seis puntos de diferenza. Sen embargo, ese mesmo día, nas eleccións locais o partido socialista perdeu en seis puntos en relación co PP. Houbo polo tanto 12 puntos de castigo da acción do partido á acción do goberno socialista. É unha lectura clara do rexeite á falta de xestión, á parálise que vivimos e o desgoberno destes catro anos. Todos os partidos coincidimos en que non había acción de goberno en Lugo.

-Que chamadas recibiu pola noite? Habida conta de que conseguiron os mellores resultados para o seu partido nas principais cidades de Galicia?

-Si, nos temos o mellor resultado das sete cidades en relación ao Partido Popular e somos a única onde aumentamos a porcentaxe de votos para o PP. É unha satisfacción, pero o noso obxectivo non era gañar só as eleccións. Era gañar e gobernar e polo tanto agradecemos ese inmenso apoio, pero non foi suficiente.

-Chamou a Lara Méndez? Chamoulle ela?

-Non. Non a chamei nin ela me chamou. Eu non a chamei porque ese día nin era a alcaldesa nin gañou as eleccións. Si houbo algún grupo que chamoume para felicitarme por gañar as eleccións, pero o partido socialista non chamou.

-Que espera dos próximos catro anos cun goberno socialista apoiado nun BNG que subiu moito, pensa que pode mudar a acción de goberno con esta circunstancia?

-O que desexo é que mellore, para peor non hai moito a onde ir. Espero que mellore porque desexo o mellor para a cidade e para os lucenses e polo tanto espero que se poña a funcionar o goberno que estivo paralizado estes catro anos. Teñen que empezar rapidamente a funcionar todo o sistema administrativo do Concello e terminar con esa parálise. Desexo que haxa melloría, se a hai ou non dependerá do entendemento e do esforzo que faga o novo equipo de goberno.

-Que valoración fai da atomización do voto nestas eleccións municipais?

-Baixou o número de partidos con representación do Concello, pero si que había máis división do voto. Polo centro dereita entraron partidos novos como Vox, como o FLI que xa estaba nas outras eleccións, incluso o de Manolo Martínez. O haber tanta división non chegaron ao cinco por cento e aí quedaron. Hai moitos votos que non serviron para nada, o que dicíamos nós na campaña. O único voto que era garantía de cambio de goberno no Concello de Lugo era o voto do Partido Popular, calquera outro era para apoiar a Lara Méndez. Os votos que foron á dereita, se houberan ido ao PP habería un cambio de goberno neste Concello.

-Falemos do seu futuro político, comandará o seu grupo na oposición?

-Por suposto. Faremos grupo, tomaremos posesión en dúas semanas e a partir de aí porémonos a traballar no papel que nos toque, onde nos puxeron os lucenses. Aínda que a intención deles era que gobernáramos, o sistema que temos é este e temos que respectalo con toda a normalidade. Faremos oposición.