Música e baile tradicional para conmemorar as Letras Galegas

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

oscar cela

O Festival de Danza e Música e a actuación de nove corais renden tributo á lingua galega

17 may 2019 . Actualizado a las 18:22 h.

Lugo celebrou o Día das Letras Galegas co Festival de Danza e Música tradicional, unha proposta na que os nenos foron protagonistas e que encheu a Praza Maior. 

Desta volta participaron un cento de rapaces dos colexios Menéndez Pelayo, Anexa, Illa Verde, Luis Pimentel, Rosalía de Castro e Sagrado Corazón, e de ASPNAIS, acompañados por alumnado da Escola Municipal de Música.

Así mesmo, o Concello tamén quixo conmemorar o día dedicado a Antonio Fraguas coa actuación de nove agrupacións corais polo paseo literario de Bispo Aguirre e a Praza Maior. O acto, previsto para esta tarde, inclue a Coral Lugh, a Coral Xolda, o Orfeón Lucense, o Coro do Hospital, a Coral E. do Miño, Cantar Delas, a Asociación Amigos do Camiño, Orfeón Xoán Montes e o Grupo Solo Voces. Ao rematar, no fondo da Praza Maior, todas as mulleres integrantes das corais actuantes interpretarán «O pensar do labrego», e logo, todos os homes cantarán a peza «Lonxe da terriña». A continuación, as corais participantes, todas xuntas, cantarán «Negra Sombra» e o «Himno Galego».

As actividades serviron para reivindicar a lingua galega como un valor cultural queas administracións deben seguir potenciando, sobre todo ante o grave retroceso na transmisión xeracional da lingua producida nos últimos anos, subliñaron dende o Concello.