«O libro que máis veces lin é o 'Sempre en Galiza' de Castelao»

Foi socio do Breogán e do Lugo hai anos, vai ao traballo en bici e fai deporte nos sendeiros do Miño


LUGO / LA VOZ

Rubén Arroxo (Lugo, 1985) volve a presentarse como cabeza de lista polo BNG nas eleccións municipais do próximo 26 de maio. Posa en fronte do edificio do Concello, nun dos lugares onde pasa máis tempo ultimamente e onde non lle importaría verse como próximo rexedor tras a cita electoral.

-En que barrio vive?

-Agora mesmo vivo en Fingoi, aínda que ata hai uns anos vivía na casa familiar en Pías.

-Como vai ao traballo? Andando, coche, bicicleta...?

-Pois depende do día, pero habitualmente camiñando ou en bici, a non ser que durante o día me teña que desprazar a certa distancia, que utilizo o coche.

-Cando foi a última vez que utilizou o bus urbano? E para ir a onde?

-Hai un par de meses, para ir dende a zona da Piringalla ata o centro.

-Se ten que facer deporte, que sitio escolle?

-Os sendeiros do Miño.

-Vai tomar un viño ou unha caña, centro ou Milagrosa? E xa que estamos, viño ou caña?

-Depende do día, Lugo ten esa marabilla que che permite sentirte como na casa en calquera barrio.

-É socio do Breo? Cando foi a última vez que baixou ao Ángel Carro?

-No pasado fun socio do Breogán durante seis anos, pero actualmente non o son. Tamén fun do Lugo pero agora hai uns catro ou cinco anos que non acudo ao estadio. O tempo é limitado [ri].

-Diga outro candidato que se presente por Lugo ao que convidaría a un café.

-A café convido a calquera, faltaría menos.

-Onde fai a compra?

-Nun supermercado do barrio.

-Cando foi ao cine por última vez? E a ver que?

-Hai ano e medio o VIII episodio de Star Wars.

-Que libro volvería a ler?

-O que máis veces lin é o Sempre en Galiza de Castelao, e en canto volva ter uns días libres, volverei collelo.

-Arde Lucus ou San Froilán?

-Dúas festas a potenciar, sen que ningunha das dúas enfebreza á outra.

-Que será o primeiro que fará o luns 27 de maio?

-Almorzar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
28 votos
Comentarios

«O libro que máis veces lin é o 'Sempre en Galiza' de Castelao»