San Fraguas


Hai sesenta anos que Antonio Fraguas se foi de Lugo; e trinta da homenaxe dos seus antigos alumnos e de que o concello de Lugo lle dese o seu nome a unha rúa, cando a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras, e a Xunta declara 2019 Ano Antonio Fraguas. Por iso, antigos alumnos lucenses de Fraguas, xuntámonos para lembrar “Os 9 anos de Fraguas en Lugo”, cun libro, unha exposición e a web “www.fraguasenlugo.org”.

Os devotos lucenses de Fraguas xa imos maiores (entre os setenta e os oitenta e tantos anos), pero aquel vello profesor que se deu en chamar “San Fraguas” deixou tal pegada na nosa memoria que tantos anos despois sentimos a necesidade de contribuir a que Lugo lembre ao sabio que ensinou na cidade de 1950 a 1959.

Fraguas, xa profesor nos tempos da Estatuto, sufríu duro castigo polo seu sentir galeguista e non puido volver ensinar nun centro público ata que veu a Lugo como Catedratico de Xeografía e Historia, conquistando o agarimo dos seus alumnos e levando da cidade lembranza tan forte que moitos anos despois lle confesaba a Xulián Parga, o lucense que mantivo máis relación amistosa con el: “media alma miña está perennemente en Lugo. No Instituto Lucus Augusti está exposta a mostra de homenaxe lucense a Fraguas, como lembranza de quen foi Cronista de Galicia, fundador-director do Museo do Pobo Galego, imprescindible para este país. Agarimo póstumo ao Fraguas que foi lucense directo durante 9 anos, espiritualmente sempre, que nos marcou a centos de rapaces por demostrarnos que un profesor é tanto máis grande canto máis o queren os que están aprendendo del como vivir no futuro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

San Fraguas