Lugo cara ao futuro


martes 7 de maio celebrouse na Casa do Saber o foro Lugo cara ao Futuro, enfocado cara á análise da transferencia de coñecemento entre a universidade e a sociedade.

Con distintas mesas redondas, centradas no sector primario, na tecnoloxía e a mobilidade e na xestión cultural, o foro abordou un aspecto tan relevante como a importancia do mundo académico e a súa contribución social, coa ollada posta na cidade de Lugo.

Non se pode cuestionar a importancia que nas últimas décadas tivo para Lugo a creación do seu campus. A implantación, hai xa máis de 30 anos, da Facultade de Veterinaria sentou as bases dun desenvolvemento baseado na idea de achegar o coñecemento superior ao tecido produtivo local. A presenza de estudantes revitalizou social e economicamente a cidade, favoreceu o seu dinamismo cultural, determinou novas áreas de expansión urbana e amorteceu, dentro do posible, a sensación de declive provocada por un preocupante crecemento vexetativo negativo, ligado ás baixas taxas de natalidade, que entre nós acadan cifras que baten marcas no xa de seu triste panorama do mundo occidental.

As tres áreas nas que se centraron as mesas redondas permiten repasar o máis destacado desa achega, do que supón e do que dela se agarda: unha contribución económica aos sectores produtivos básicos, mellorándoos a través da investigación e o coñecemento; o desenvolvemento tecnolóxico que está a marcar o presente e que determinará o futuro e, tamén, por suposto, o enriquecemento da dimensión cultural, que atende ao coñecemento como pensamento máis alá do práctico ou do estritamente material.

O pasado recente de Lugo estivo marcado polo desenvolvemento do seu campus.

O futuro, abofé, tamén o estará.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Lugo cara ao futuro