A Semana das Letras celebrarase na provincia con  actuacións variadas

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios VILALBA / LA VOZ

LUGO CIUDAD

CARLOS CASTRO

Os actos desenvolveranse na Pastoriza, en Lugo, en Monforte e en Guitiriz

08 may 2019 . Actualizado a las 13:56 h.

Do luns 14 ao luns 20?•? A Pastoriza, Lugo, Monforte e Guitiriz?•? As vésperas do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Antonio Fraguas, e as datas posteriores celebraranse en varias vilas e cidades da provincia cun conxunto de actos variados, organizados pola Deputación. Os espectáculos que se desenvolverán terán, do luns ao xoves da vindeira semana, o complemento da actividade «Antonio Fraguas. Unha epopea vital», dirixida a alumnos de centros de ensino. Non será esa a única presenza súa nas actividades, pois Xoán Curiel e Charo Pita interpretarán pezas populares recollidas por Antonio Fraguas e incorporadas ao volume Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.

O luns 13, na Pastoriza, o grupo Os Romeiros do Caracol ofrecerá un espectáculo de música e de monicreques. O martes 14, en Lugo (praza de San Marcos, oito do serán), dará un concerto Lucía Pérez. O mércores 15 (praza de San Marcos, seis e media da tarde e oito da tarde), Lugo acollerá candansúa actuación de Xoán Curiel e Charo Pita e da Asociación Cultural Falcatrueiros: na primeira representarase o espectáculo «Canta, Miña Pedra, Canta», e na segunda, o espectáculo «Terra».

O xoves 16, en Monforte, representarase o espectáculo «Os Romeiros do Caracol», mentres que en Lugo están previstas dúas actuacións: a Tradescola (praza de San Marcos, seis e media da tarde) e a Banda Filharmónica de Lugo ofrecerán cadanseu concerto. O 17 e o 18 son os días elixidos para cadansúa sesión vermú nos xardíns da Deputación: a primeira, co grupo Fa Ce La Fest; a segunda, con Chicharrón e Os Amigos dos Músicos. O domingo 19 (centro de Lugo, nove do serán) Palimoco Teatro porá en escea o espectáculo Letra Viva 2019. O luns 20 Xoán Curiel e Charo Pita levarán a Guitiriz o espectáculo «Canta, Miña Pedra, Canta».

«A nosa é unha cultura viva, que segue creando», afirmou onte, na presentación do programa, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos.