Nove corais da cidade participarán nun paseo musical e literario o Día das Letras Galegas

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

CEDIDA

O Concello promove varios actos con motivos do mes das letras

06 may 2019 . Actualizado a las 18:57 h.

Lugo volverá cantarlle ás Letras Galegas. Así o anunciou a edila de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre, xunto a representantes dalgunhas das agrupacións corais e orfeóns que ofrecerán unha actuación o 17 de maio. Este é o terceiro ano que se celebra esta actuación, que arrincará ás 18.00 horas, e recorrerá a Rúa Bispo Aguirre e a Praza Maior, seguindo o paseo literario que existe.

Actuarán nove agrupacións: a Coral Lugh (diante da estatua de Álvaro Cunqueiro), a Coral Xolda (diante de Uxío Novoneyra), o Orfeón Lucense (diante de Curros Enríquez), o Coro do Hospital (na estatua de Otero Pedraio), a Coral E. do Miño (diante de Eduardo Pondal), Cantar Delas (diante de Rosalía de Castro), a Asociación Amigos do Camiño (Diante de Valle Inclán), o Orfeón Xoán Montes (na estatua de Castelao) e o Grupo Solo Voces (ante a estatua de Manuel María). Terá unha duración de 90 minutos e contará co xornalista Paco Nieto como presentador do concerto.

Ao rematar, todas as mulleres pertencentes ás corais actuantes interpretarán O pensar do labrego, e logo, todos os homes interpretarán a peza Lonxe da terriña. A continuación as corais participantes, todas xuntas, cantarán Negra Sombra e logo o Himno Galego. Estas actuacións conxuntas faranse nas escaleiras do fondo da Praza Maior.

LIbros, música e pan romano

Así mesmo, o Concello programou o día

15 de maio

, ás 20.00 horas, no auditorio do Vello Cárcere, unha conferencia a cargo de

Adolfo de Abel Vilela

: A

ntonio Fraguas Fraguas en Lugo. A etapa da liberdade e do recoñecemento intelectual (1950-1959)

. Presentarase o libro do mesmo autor.

Ao día seguinte, 16 de maio, o patio deste centro sociocultural acollerá o concerto de Evoéh, unha iniciativa artística, creada por Ariana Barrabés (voz) e Jesús Olivares (Guitarra), coa intención de darlle unha nova visión á música e á poesía. Será a partir das 21.00 horas, e a entrada é libre ata completar cabida.

A maiores, o propio Día das Letras Galegas, 17 de maio, o Arde Lvcvs Cvltvral ofrecerá unha degustación e venda de pan romano, como vén sendo de costume os últimos anos. Os soportais da Praza Maior acollerán os distintos postos en xornada de mañá, de 11.30 a 14.00 horas.

Por outra banda, o 18 de maio, no Gustavo Freire, será o concerto do 30 aniversario de Leilía, co su espectáculo Cantar-Elas. Será ás 20.30 horas e as entradas van dos 8 aos 10 euros en función da zona.