Máis de sesenta actuacións internacionais encherán Lugo de maxia e ilusión

A edición número dezaseis da Semana Internacional de Maxia celebraráse do 5 ao 11 de maio


Lugo / La Voz

Dende o día 5 ao 11 de maio. Lugo?• A Semana Internacional de Maxia en Lugo- Lugo Máxico traerá á cidade arredor de 60 actuacións ideadas para facer as delicias de xente de todas as idades. O certame terá lugar dende o 5 de maio ata o día 11 e contará con magos e ilusionistas de orde internacional.

A concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou onte a programación acompañada do Mago Rafa e o Mago Teto, que serán dous dos protagonistas da edición número dezaseis da semana da maxia.

O Mago Rafa será o encargado de abrir o Lugo Máxico presentando o seu novo espectáculo o 5 de maio dende as 18.30 horas no auditorio Gustavo Freire. A maxia das emocións é o nome da nova proposta do mago. As entradas para o espectáculo poderán adquirirse a 5 euros en www.entradaslugo.es ou no propio auditorio.

Haberá ademais outras dúas galas, unha unipersoal que chegará da man do Mago Teto e o seu espectáculo Alquimia, que terá lugar o venres 10 de maio ás 20 horas no Gustavo Freire, e a Gran Gala Internacional, o sábado 11 de maio ás 21 horas no mesmo escenario.

O proxecto do Mago Teto, Alquimia, persegue a pedra filosofal, non para conseguir riqueza nin a vida eterna, senón dirixida a chegar ao corazón e á felicidade. Pola súa banda, a Gran Gala Internacional contará co campión de España de grandes ilusións, Edama, o dúo de mozos portugueses Ta Na Manga, que asocia cartomancia e arte; dous comediantes do Reino Unido que misturan bufonería e ilusionismo; e Alberto Giorgi e G. Alexander, dous ilusionistas destacados. Isaac Jurado será o presentador. As entradas custarán entre 5 e 10 euros.

Máis aló das galas, este ano, por primeira vez, serán os magos os que se acheguen a 20 centros educativos e a catro escolas infantís municipais. Tamén levarán a súa maxia a lugares tan variados como o mercado municipal, o Vello Cárcere ou a colectivos sociais.

Máis aló das galas, este ano, por primeira vez, serán os magos os que se acheguen a 20 centros educativos e a catro escolas infantís municipais (Piringalla, Serra de Outes, Gregorio Sanza e Sanfiz). Tamén terná lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire e nas ociotecas do Uxío Novoneyra , A Milagrosa e Maruja Mallo; así como no MIHL, no Mercado Municipal, no Mesón do Forno, no Centro de día Antonio Gandoy, nas Casas das Linguas de Acea de Olga e da Piringalla, no Vello Cárcere, na Ponte Romana e no Hospital de Calde. Como non podería ser doutro xeito tamén haberá maxia na rúa: na Praza Maior, na Praza da Milagrosa, en Porta Miñá e na Praza do Castiñeiro. Tamén actuarán en instalacións de colectivos sociais. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Máis de sesenta actuacións internacionais encherán Lugo de maxia e ilusión