Amigos do Patrimonio denuncia o destrozo do indicador da Cova da Valiña

Trasladou á Subdelegación do goberno o mal estado no que atoparon o panel informativo


Lugo / La Voz

A Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde trasladoulle á Subdelegación do Goberno en Lugo o estado no que atoparon este sábado o panel indicador da Cova da Vaiña, no municipio de Castroverde. Segundo indicaron dende o colectivo, atoparon o panel indicador destrozado, e logo repuxérono «daquela maneira». Así mesmo, tamén limparon o acceso á cova que impedía unha árbore caída. 

En días pasados, o colectivo xa trasladara á Subdelegación a rotura do panel informativo da Cruz de Córneas, datada no 1766. Ese panel indicativo xa fora retirado varias veces, só que nesa última ocasión, ademais de tiraalo, desapareceu o panel onde constaba a descripción da cruz.   

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Amigos do Patrimonio denuncia o destrozo do indicador da Cova da Valiña