Lence era amigo e amigo de amigos. E isto é contaxioso. Porque a amizade retroaliméntase, e Lence non deixaba a ninguén na imprecisa indiferencia. Lugo perde coa ausencia física de Lence, pois nada lucense lle foi alleo ao empresario intelixente que plenamente en activo se nos foi este venres, deixándonos a conciencia colectiva dun baleiro imposible de encher.

Coñecino nos tempos nos que a súa acción irradiaba desde O Corgo, hai máis de catro décadas, e xa daquela desplegaba actividade incesante, que se foi desenvolvendo, ampliando, abarcando os campos máis diversos, tendo Lugo como epicentro, ata configurar un emporio industrial con manifestacións especialmente visibles no polígono de O Ceao.

Víñalle de casta, e tempo houbo no que dous Lences -pai e fillo- compartían protagonismo, pero Jesús soubo voar -«citius, altius, fortius»- cedo, en solitario, abrindo espazos, descubrindo mundos… E, como dixo Camoens, «se mais houbera, lá chegara».

Produtos do campo, primeiro; combustibles, despois, e por fin o leite, a restauración, os hospitais ou o deporte, foron os seus campos de acción, tanto empresarialmente como de servizo a Lugo sendo especialmente desprendido no eido deportivo; puntal decisivo no baloncesto lucense.

Cando a enfermidade avanzou, tivo o especial sentido de organizar o futuro, orientando o devir do seu mundo empresarial, de xeito que a maquinaria seguise funcionando sen el. Agora é o momento en que todo comeza despois del, sendo todos conscientes do carácter irrepetible dun home de acción, patrón de empresa, que deixa pegada fonda en todos os que o coñecimos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Lence