Lugonovo presentou a súa candidatura

La Voz

LUGO CIUDAD

Xosé Chorén: «O noso proxecto vai a dar que falar en Lugo»

04 abr 2019 . Actualizado a las 20:42 h.

A lista municipal de Lugonovo que encabeza Xosé Chorén, e que leva de número dous e de tres a Cristina Pérez Herraiz e Paula González, presentouse este xoves no Mercado Municipal, nun acto ao que acudiron preto de duascentas persoas. A plataforma cidadá quixo facer a presentación no mercado lucense «para deixar claro o compromiso da candidatura co comercio local».

Chorén, que fixo un alegato en defensa das políticas sociais, definiu o proxecto que teñen para a cidadecunha frase moi clara: «Vai dar que falar en Lugo». Cristina Pérez defendeu o labor municipal de Lugonovo durante estes anos, «cun auténtico récord de iniciativas aprobadas que demostran que onde está Lugonovo está o sentidiño».