40 andainas gratuítas para coñecer a riqueza de Lugo

Carmen Basadre, a concelleira de Cultura, presentou esta mañá unha nova edición de Terras de Auga e Cultura


LUGO / LA VOZ

O programa Terras de Auga e Cultura, que presentou a concelleira  Carmen Basadre, inclúe un total de 40 excursións que se desenvolverán desde o 31 de marzo ao 22 de decembro de 2019, algúns días festivos e todos os domingos (excepto no Arde Lucus e o Domingo das Mozas).

Horario das rutas de 10.30 a 19.00 horas, de abril a outubro e de 10.30 a 18.00 horas os meses de horario de inverno. Dependendo de que se desenvolvan actividades especiais, como algún concerto, podería modificarse o horario para adaptarse a actividade, retrasándose a saída ou a volta. Algunha pode ter horario especial.

O punto de saída e de regreso é a parada do bus urbano situada diante do Seminario Maior, na rúa Anxo López Pérez. O sistema de inscricións será a través da Oficina Municipal de Turismo, con prazo límite para inscribirse fixado ás 14.00 horas do día anterior á celebración da excursión.

O número máximo de excursionistas será de 35 persoas. Algunha ten aforo limitado a 25. As excursións son gratuítas, excepto os menús do xantar, que sempre corren a cargo dos participantes e calquera outra actividade que poida ser de pago, como visitas a centros de interpretación ou museos.

As andainas por temática:

ANTROPOLOXÍA E ETNOGRAFÍA

Fidalgos e lagrebos no Camiño Primitivo. Data (31-03-2019). Itinerario Vilabade, Castroverde, Soutomerille, Gondar, Bascuas. Distancia 17 km. Dificultade media

Letras Galegas: De Manuel María a Antón Fraguas. Data (17-05-2019) Itinerario Outeiro de Rei, Ombreiro, Lugo Distancia 13 km. Dificultade media. Entrada a Casa Museo de Manuel María. Custe por persoa 2 euros

Lume Novo. (Data 23-06-2019). Itinerario Penas de Rodas, Rábade, Ínsuas do Miño. Distancia 18 km. Dificultade media

Rutas do Azúmara e da Escrita. Data (21-07-2019). Itinerario Castro de Viladonga, Castro do Rei, Ponte da Acea. Distancia 13 km. Dificultade media. Inclúe visita ao Museo do Castro de Viladonga (entrada gratuita). Levar calzado axeitado para camiños non asfaltados e protección solar e mesmo roupa de baño para aproveitar a praia fluvial se o tempo acompaña

Camiño Real de Meira. Data (25-08-2019). Itinerario Órrea, Meira, San André de Ferreiros, Castro do Rei. Distancia 13 km. Dificultade media

Vía Küning. Data (29-09-2019). Itinerario Baralla, O Corgo. Distancia. Dificultade media

Cultos lucenses de vivos e mortos. Data (27-10-2019). Itinerario percorrido peonil urbano accesible para cadeiras de rodas. Pola tarde: andaina ata o cemiterio de San Froilán. Distancia 7 km. Observacións Dificultade media. Visitas ao Centro Arqueolóxico San Roque, Museo Provincial e Centro de Exposicións Porta Miñá (entradas gratuítas)

A pegada do tren. Data (08-12-2019). Itinerario Percorrido urbano. Distancia 7 km. Dificultade media

Vía Küning. Data (15-12-2019). Itinerario: Variante do camiño francés que pasa por Anseán, Manán, Hospital ou Laxosa. Distancia 11 Km. Pagar a entrada do Museo Catedralicio

Os cóporos nas ribeiras altas do Miño. Data (22-12-2019). Itinerario Castros de Ventosiños e Coeses, Penarrubia e Adai. Distancia 10 Km

ARQUITECTURA

As arquitecturas do Camiño: Dende Fontaneira a Vilabade. Data (07-04-2019). Itinerario A Fontaneira, O Cádavo, Pradeda, Vilabade, Castroverde. Distancia 15 Km. Dificultade alta.

As arquitecturas do Camiño: Dende Castroverde a Gondar. Data (18-04-2019). Itinerario San Miguel do Camiño, Souto de Torres, Vilar de Cas, Soutomerille, A Pallota, Gondar. Distancia 13 Km. Dificultade alta

As arquitecturas do Camiño: Dende Gondar a o Barrio da Chanca. Data (05-05-2019). Itinerario Gondar (Sta Mª), Bascuas (Sta Mª), Carballido. (Sto Martiño), Bóveda (Sta Mª), Castelo (Santiago De Fora), Lugo. Distancia 13 Km. Dificultade media.

As arquitecturas do Camiño: Dende Lugo a Santa Eulalia de Bóveda. Data (09-06-2019). Itinerario Lugo (Barrio da Ponte), Orbazai (San Miguel), O Veral ( San Vicente), San Xoan do Alto (San Xoan), O Burgo (San Vicente), Santalla de Bóveda. Distancia 13 Km. Dificultade media

As arquitecturas do Camiño: Dende San Vicente do Burgo ata a Ferreira. Data (28-07-2019)Itinerario: O Burgo ( San Vicente), Bacurín (San Miguel), San Pedro de Mera, San Román da Retorta, Ferreira de Pallares. Distancia: 17 Km. Dificultade media

Arquitecturas da Auga: Baixo a auda. O que o encoro se levou. Data (22-09-2019) Itinerario Paradela, A Retorta, Porto Carneiro, Loio, Portomarín. Distancia: 17 Km. Dificultade alta

O nacemento dun río: Fonmiñá, Meira, Pedregal de Irimia, Viladonga. Data (03-11-2019)Itinerario Fonmiñá, Crecente, Saa, Baltar Meira, Pedregal de Irimia, Viladonga. Distancia 15 Km. Dificultade media

Intramuros: O deseño dunha cidade. Data (06-12-2019). Itinerario Lugo. Distancia: 8 Km. Dificultade baixa

XEOLOXÍA

E a terra coloreou de ferro as nosas montañas. Data (14-04-2019). Itinerario A Raxoá, Pena de San Mamede, Bouzallo de San Miguel, Cova de Avión. Distancia 10 Km. Dificultade moderada-alta. Os 200 primeiros metros é unha costa dura. Despois continuas subidas e baixadas

O espíritu de Iapetus nos mares arreciais da Gondwana. Data (12-05-2019). Itinerario Castelo, Oselle, Cruzul, Vilar de Ousón-Os Grobos. Distancia 13,5 Km. Dificultade moderada. Certos treitos do camiño teñen subidas esixentes, ainda que son só durante poucos metros

Xeomorfoloxía Fluvial entre o Chamoso e o Neira. Data (30-06-2019). Itinerario Chamoso, Ínsuas do Miño, Bosque da Fervenza, Desembocadura do Neira no Miño. Distancia 13,5 Km. Dificultade baixa

De re metallica: A secular tradición metalúrxica lucense. Data (14-07-2019). Itinerario: Vilaoudriz, Pacios, Conforto, O Boulloso. Distancia 11,3 Km. Dificultade moderada. Nalgúns treitos a pendente é acusada

Lugo en Rochas. (Data 04-08-2019). Itinerario Praza da Horta do Seminario, Praza Aviador Parga Cerezo, Parque Rosalía, Miradoiro Parque Marcos Cela, Recatelo, Praza de Santa Maria, Praza do Campo, Rúa da Cruz e Praza Maior. Ruta Urbana. Observacións Dificultade baixa

Explorando a Terra Chá: Unha inmensa planicie chea de tesouros. Data (01-09-2019)Itinerario Casal, Medoña do Estelo, Pena Grande, Caxigueiro, Muiño Novo, Casa Naseiro, Trastomil. Distancia 15 Km. Dificultade baixa

Vía Antrópica: A modelaxe da paisaxe realizada polos romanos. Data (15-09-2019). Itinerario Margaride, As Covas, Castro Dares, Os Covallos, Ermidón, As Barxas. Distancia 12 Km. Dificultade moderada-alta. No inicio hai unha forte subida de perto de 2 Km. Logo suavízase o percorrido até o final

O soño de Rheá no interior da Galiza. Data (10-11-2019). Itinerario Vilar, Vidallón, A Ferreria Vella-Céramo, A Seara. Distancia 10 Km. Dificultade moderada. Esta ruta é máis ben de parar e visitar, ainda que hai treitos de camiñada de modo discontínuo. Non ten un percorrido lineal de principio a fin

NATUREZA

As zonas húmidas da Terra Chá. Data (21-04-2019). Itinerario Percorrido a pé polos máis interesantes humidais da Terra Cha: lagoa de Cospeito, Espiñeira, lagoa de Caque, Ollos de Begonte e Insuas do Miño. Distancia 15 Km

Ruta da Fervenza. Data (19-05-2019). Itinerario Percorrido á beira. do río Miño desde o río Rato ata a Casa Grande da Fervenza. Distancia 17 Km

Camiño do Miño. Data (07-07-2019). Percorrido á beira do río Miño desde Sisoi ata Ombreiro. Visita ás Insuas do Miño. Xantar na Casa das Insuas en Rábade. Distancia 17 Km

Ruta dos mapaches: A ameaza das especies invasoras. Data (11-08-2019). Itinerario Percorrido a pé pola beira do río Miño desde Rábade ata Ombreiro. Distancia 16 Km

A ruta dos tres ríos. Data (18-08-2019). Temática Natureza. Itinerario Gran ruta composta pola Ruta dos Muíños (río Mera), Miño aberto, río abaixo (río Miño) e Polas carballeiras do Rato (río Rato). Distancia 15 Km

Ríos Parga e Ladra. Data (08-09-2019). Temática Natureza. Itinerario Viaxe a pé desde Parga (Guitiriz) ata Begonte. Visita á Capela do San Alberte. Distancia 14 Km

Ruta da Marronda. Data (20-10-2019). Itinerario Ruta pola fraga da Marronda, o bosque de faias máis occidental de Europa, que presenta unha ampla diversidade de flora e fauna. Distancia 17 Km

As Ribeiras altas, Miño Arriba. Data (17-11-2109). Itinerario Ruta circular que percorre as zonas altas do río Miño, comezando na Ponte Romana e volvendo a cruzar o Miño na ponte da antiga estación elevadora de augas. Distancia 12 Km

PATRIMONIO

Vía Künig. Data (01-05-2019). Itinerario Variante do camiño francés que pasa por Anseán, Manán, Hospital ou Laxosa. Visita ao obradoiro do ceramista Manuel Fernández, Lolo. Distancia 14 Km.

Da vía XIX ao Camiño Primitivo. Data (02-06-2019) Itinerario San Xoan do Alto, San Vicente do Burgo, Santalla de Bóveda e Bacurín. Distancia 12 Km

Feirantes, labregos e gandeiros. Data (13-10-2019). Temática Patrimonio. Itinerario Romeán, Adai e Pedrafita. Distancia 10 Km

Templos romanos en Lugo. Data (01-11-2019). Itinerario Mitreo, San Roque, San Román, Santalla de Bóveda. Distancia 12 Km. Pagar entrada no Mitreo (2-4 euros)

Lugo en Feminino. Data (24-11-2019). Itinerario Ruta urbana para recordar ás mulleres que viviron, traballaron e fixeron a nosa historia. Pagar a entrada do Museo Catedralicio

Ordenes militares, Castelos e Peregrinos. Data (01-12-2019). Itinerario Castelo de Pambre, Vilar de Donas e Ferreira de Pallares. Distancia 12 Km. Pagar entrada no Castelo de Pambre (3 euros).

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

40 andainas gratuítas para coñecer a riqueza de Lugo