«Quen fala o mellor galego no Parlamento? Calquera de Lugo»


Calquera, na súa vida persoal ou familiar, pode empregar palabras ou expresións da súa comarca que quizais non se entendan noutras ou non se recollan nalgúns dicionarios. Mesmo pode ocorrer que se pronuncien, de maneira inconsciente ou asumida, nunha tribuna pública.

-Empregou algunha vez, no Parlamento, palabras ou variedades propias de Ribeira de Piquín?

-Tento empregar unha linguaxe o máis normativa posible. Non me dou conta de se usei algunha, porque se as uso, é de xeito inconsciente. No galego do Eo-Navia usamos o [sufixo] -in; padrín, camín, vecín... Aquí, no Parlamento, non me dou conta de usalo.

-Quen fala o mellor galego no Parlamento?

-Calquera de Lugo. Mantemos as estruturas moito mellor. Gústame moito unha deputada do PSdeG, Dolores Toja, porque ten un galego moi distinto, con trazos moi marcados. É moi bonito. [Toja foi concelleira en Laxe e é deputada pola Coruña].

-Hai afinidade cos outros deputados de Lugo por enriba de cuestións ideolóxicas?

-Comparto máis tempo cos que forman parte das mesmas comisións: no meu, caso por exemplo, con Luis Álvarez [deputado socialista por Lugo]. Aquí, realmente, hai unha relación cordial e educada. Hai unha tensión nos debates que é sa. Creo que hai unha visión estereotipada: temos unha relación cordial, de complicidade nalgún caso.

-Quen é o mellor parlamentario?

-Para min, unha das mellores é a miña compañeira Noa Presas: ten unha capacidade de oratoria brutal.

-E nos outros grupos?

-No PSOE gústame Abel Losada: paréceme bo no debate. No PP, Paula Prado, no mesmo sentido: é dura, moi dura; pero dentro da discrepancia paréceme interesante. E dentro de En Marea, Paula Vázquez Verao.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Quen fala o mellor galego no Parlamento? Calquera de Lugo»