O PP pide un plan intensivo de limpeza para Lugo

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

CEDIDA

Propón baldeos mecánicos, retirada de herbas e maleza, renovación e posta a punto dos
colectores do lixo e unha programación adecuada

20 mar 2019 . Actualizado a las 12:38 h.

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, defenderá ante o pleno unha iniciativa para que o goberno local poña en marcha «de inmediato» as medidas necesarias e urxentes para iniciar unha campaña intensiva de limpeza na cidade.

Antonio Ameijide incide na necesidade de mellorar a limpeza de Lugo a través de baldeos mecánicos, retirada de herbas e maleza, renovación e posta a punto dos colectores do lixo e programación adecuada da limpeza en todos os barrios da cidade.

Explica que os cidadáns «xa están fartos» da suciedade que hai en todas as rúas de Lugo, queixas que remiten todos os meses ao Concello de Lugo. Neste senso, o popular destaca «as reiteradas» queixas remitidas por parte dun particular desde o ano 2015 solicitando recolocar varios colectores de lixo para desbloquear varias prazas de aparcamento no barrio da Residencia. «Desde o 2015 desoíron sistematicamente os escritos remitidos por parte dos veciños desta zona, o que demostra a nula preocupación de Lara Méndez por mellorar o sistema de limpeza urbana en Lugo», dixo.

«Falamos de que a mellor tarxeta de presentación e a mellor publicidade» que un municipio pode mostrar é ser unha cidade limpa e pulcra, «pero semella que a Lara Méndez non lle importa». «En Lugo levamos anos vendo como a limpeza empeora ano tras ano. Ese punto de inflexión comezou trala folga do lixo na que o goberno socialista tivo, tristemente, unha deficiente actuación e, trala cal, Lugo nunca volveu a ser a mesma cidade», denuncian os populares. Ameijide apunta que «a falta de limpeza e aseo en todos os barrios é o sinal de identidade deste goberno».