As actividades do Arde Lucus Cultural para este sábado

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

CEDIDA

Un paseo con Paulo Fabio Máximo e un obradoiro de velas

20 mar 2019 . Actualizado a las 11:59 h.

O Arde Lvcvs Cvltvral, o programa de actividades de inspiración romana e castrexa previas ao Arde Lvcvs, ten preparado para este sábado un paseo pola cidade con Paulo Fabio Máximo e o Liberto Jávicus, e un obradoiro de velas para realizar unha ofrenda.

A asociación de recreación histórica Ara Roma será a encargada de dirixir o taller, que terá lugar das 11.30 ás 13.30 horas, no Centro Arqueolóxico de San Roque. En xornada de tarde será o percorrido pola cidade co seu fundador, a partir das 17.00 horas, dende o miliario da Praza de Armañá, cun percorrido polos museos e aspectos romanos de Lvcvs Avgvsti. Este é o primeiro dos 4 paseos que se realizarán ata xuño, continuando así con esta programación de visitas que se iniciou o pasado ano no marco do Arde Lvcvs Cvltvral.

«Repetimos porque os paseos foron bonitos, a xente animouse e pasouno moi ben», explica Carmen Basadre, responsable de turismo do Concello de Lugo.

As dúas actividades son de balde e para ambas é preciso inscribirse a través do 010 ou no 982297350 para os de fóra de Lugo. O prazo para anotarse aínda está aberto. Ademais, na Sala de Exposicións de Porta Miñá aínda se pode visitar a exposición sobre a evolución da armatura do retiario.