O movemento bravú inaugura o ciclo de documentais «Enxergando o País»

LUGO CIUDAD

Marina Chiaveggatto

As proxeccións terán lugar en Lugo, desde o xoves 7 de marzo ata o 5 de abril

06 mar 2019 . Actualizado a las 12:27 h.

Desde o xoves 7 de marzo ata o 5 de abril • Local Lar da Cultura do País (Lugo) • 20.30 horas • 

Un traballo sobre o movemento bravú inaugura o xoves 7 o ciclo de documentarios «Enxergando o País», que organiza a Asociación Cultural Cultura do País, de Lugo.

· Xoves 7. XX anos de bravío (1994-2014), dirixido por Anna Diz e producido por Chantada Films. Analiza o movemento bravú.

· Día 15. Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige (2002-2019), curta-documental de Caneca Films, sobre a explosión de protesta creativa que resultou da marea negra e a mobilización do mundo da cultura.

· Día 22. Pucho Boedo. Un crooner na fin do mundo, dirixido por Xurxo Souto. Reconstrúe a vida e a obra do mítico cantante dos Tamara.

· Día 29. Tecido resistente. A silenciosa revolución das mulleres de Présaras, dirixido por Marina Chiavegatto, sobre o empoderamento das traballadoras da fábrica Hilados y Tejidos, de Vilasantar.

· 5 de abril. Redes contra a política do espolio. Aire, auga e terra limpas, dirixido por Xosé Bocixa, coa colaboración de Nós Televisión.