Quessada volve ao cárcere

La Voz

LUGO CIUDAD

oscar cela

A obra do pintor ourensán estará exposta en O Vello Cárcere de Lugo durante catro anos

04 mar 2019 . Actualizado a las 19:42 h.

Hai datas simbólicas que van quedando no imaxinario colectivo, para ben ou para mal. E como que sempre dá un aquel que inaugures unha mostra o 23F... e por riba nun cárcere. Dende esa data, e durante os próximos catro anos, no Vello Cárcere de Lugo estará exposta ao público a obra de Xaime Quessada. A Fundación Xaime Quesada Blanco e o Concello de Lugo asinaron un convenio de colaboración para desenvolver este proxecto a nas instalacións do antigo cárcere, reconvertido en espazo social e cultural, estarán as obras da «Serie amarilla» de Xaime Quessada. María Jesús Blanco, pola fundación, e Carmen Basadre, concelleira de Cultura do Concello de Lugo, asinaron o acordo entre as institucións en decembro do pasado ano. No Vello Cárcere poderanse ver durante os próximos anos as obras dunha serie, a amarela, que se centra nos dereitos humanos. Unha circunstancia que lle dá ao proxecto un maior simbolismo e dimensión.

Quessada, xunto a Vidal Souto e Alexandro pintaron no seu día os murais do cárcere de O Pereiro de Aguiar.