Lugo Monumental premia a mellor animación de rúa

A asociación convoca un concurso de Entroido

Palimoco Teatro no Entroido do 2017
Palimoco Teatro no Entroido do 2017

A asociación Lugo Monumental premia a mellor animación de rúa no entroido cun concurso no que repartirá 1.000 euros en premios. O VII Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa terá lugar entre os días 1 e 5 de marzo, coa colaboración de 27 locais do centro histórico. Poderán participar as agrupacións que contribúan a crear diversión e ambiente rueiro no centro histórico de Lugo, mediante música, teatro, monicreques, monólogos, maxia, xogos infantís...

O prazo de inscrición remata o 28 de febreiro. Haberá tres premios: vales por importe de 600 euros, de 300 e de 100 euros. Entregaranse en vales de 50 euros, trocables nas empresas participantes nesta iniciativa e nos asociados a Lugo Monumental.

Os locais que participan e votan no concurso son os seguintes: Onda Night Club, La Roma Pub, Medievo Café Pub, Restaurante Antas, 101 Vinos, Restaurante Tosar, O Pote, Vinissi, Animatium, Óptica de la Torre, Opticalia Callao, Melfror, Farmacia da Cruz, Bulló Xantar, Café Bar A’Tasca, Las Cinco Vigas, O Castor, Millenium Cervecería, Jager Lounge, People, Legends Café, Dvorak 2.0, Taberna Daniel, El Riba, Restaurante Campos, Petisco e Curruncho A Nosa Terra.

Máis información en www.lugomonumental.es.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Lugo Monumental premia a mellor animación de rúa