O PSOE pelexará contra «a navallada» ao Campus de Lugo que pretende o PP

LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

CEDIDA

06 feb 2019 . Actualizado a las 20:30 h.

Os responsables provinciais do PSOE en Lugo valoraron hoxe a «intención que baralla o PP dende a Xunta de eliminar máis titulacións universitarias no campus». Alvaro Santos, secretario xeral, acusa aos populares de «poñer en risco catro Enxeñerías claves: Química, Civil, Forestal e Agrónoma. Para as dúas primeiras plantexan a súa desaparición e para as outras dúas que boa parte da actividade se vaia a Ourense e Pontevedra, debilitando o Campus Terra».

Denuncian que a sección de Lugo da USC buscou a especialización no seu día, renunciando a titulacións e outras iniciativas da universidade e anuncian que levarán a cabo «todas as iniciativas que estean na nosa man para tratar de evitar este novo ataque da Xunta de Feijoo aos lucenses». Engaden que non serán «complices desta navallada».