Lugo mostra as fotografías máis sorprendentes da natureza

LUGO CIUDAD

Afundación expón as mellores imaxes do European Wildlife Photographer of the Year a partir do luns

14 ene 2019 . Actualizado a las 12:18 h.

Desde o luns 14 de xaneiro ata o sábado 27 de abril • De luns a sábados, de 18.00 a 21.00 horas • Sede de Afundación, da Obra Social de Abanca (Lugo) • 

Afundación presenta as mellores fotografías da natureza na súa sede de Lugo a través da exposición Fotógrafos da natureza 2018. European Wildlife Photographer of the Year. Trátase dunha mostra de 84 fotografías presentadas ao citado concurso, un certame que xa é referente da fotografía da natureza. Trátase de imaxes sorprendentes e inusuais, que mostran a natureza en estado puro, non manipuladas, co obxectivo de concienciar ao espectador sobre a necesidade de preservar o medio natural. 

BRITTA JASCHINSKI

Por primeira vez nos seus 17 anos de existencia, este concurso ten dous gañadores xerais: «A primeira é unha imaxe de Erlend Harrberg titulada Pelexa na neve, na que conseguiu fotografar a dúas lebres das montañas de Noruega, unha especie en perigo de extinción. A segunda fotografía gañadora, Incautado, é obra da alemá Britta Jaschinski, e nela reflíctese unha das brutais accións do home contra o medio natural, co retrato de dous tallos confiscados realizados con patas de elefante e pel de cebra. Xunto a elas, 82 fotografías máis para que o espectador poida coñecer o medio natural dunha maneira diferente», explican.

A mostra tamén estará aberta a visitas escolares.