Morbo


Aconteceu neste tempo de festa na rúa lucense de Lamas de Prado, xa medio colapsada polo tráfico do Nadal. Un conductor que circulaba por esta rúa sentiuse mal, puido parar o seu vehículo, baixar á rúa, e ser atendido por un equipo do 061 que acudiu rápidamente ao lugar. Desgraciadamente, resultou ser un infarto, do que faleceu momentos despois.

Cando pasei polo lugar, a unidade medicalizada ocupaba a metade da rúa, chegara unha patrulla da policía municipal, e o xa cadáver estaba tendido na beirarrúa, tapado por unha saba en tanto se procedía ao levantamento do corpo. A expectación era máxima, e nas beirarrúas se agolpaban espectadores que seguían o traballo de sanitarios e policías, contemplando e comentando o feito, nun claro exemplo do morbo que suscitan situacións problemáticas que non nos afectan directamente pero das que queremos coñecer os detalles.

Certo que os que pasábamos pola rúa non podíamos sustraernos a contemplar a situación, pero era de pasada porque a circulación esixia rapidez, e botei en falta que os policías municipais non pediran aos espectadores que circularan, que a morte repentina dunha persoa non pode convertirse nun espectáculo, e a sintonía coa dor de quen sofre non ten nada que ver con quedarse a falar do acontecido coas persoas que tiveron a mesma tentación. Os acontecementos que nos rodean conmóvennos, aféctannos… pero temos que aprender a respectar intimidades, deixar paso aos que poden axudar, e aprender que os feitos luctuosos non son espectáculos senon desgrazas individuais nas que se non podemos axudar non debemos estorbar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Morbo