Xavier Alcalá fala da aventura da emigración galega na Arxentina

LUGO CIUDAD

O escritor presenta en Lugo a súa última novela, «The making of»

18 dic 2018 . Actualizado a las 13:19 h.

«The making of» • 2018 • Editorial Galaxia • Xavier Alcalá • 

Xavier Alcalá presenta o mércores 19 en Lugo a súa última novela, The Making of. Será ás 20.00 horas no centro cultural O Vello Cárcere. No acto participarán, ademais do autor, o historiador Antonio Bernárdez e a concelleira de Cultura, Carmen Basadre. A entrada é libre.

O escritor traza o «retrato dun sobrevivente, dun xogador de fortuna, un pícaro (...), enguedellando o lector na que é a aventura oculta da emigración galega na Arxentina», segundo o resumo de Galaxia. Ademais, profunda nas orixes da novela, na recompilación de material, no seu fiado e en como se escribe.