O musical de «Shrek» chega a Lugo na primeira adaptación oficial en galego

LUGO CIUDAD

MARTINA MISER

O espectáculo familiar terá lugar o sábado 22

15 dic 2018 . Actualizado a las 19:58 h.

Sábado 22 • 18.00 horas • Auditorio Municipal Gustavo Freire (Lugo) • Entradas desde 15 euros en https://www.ticketea.com/entradas-musical-shrek-o-musical-en-lugo/ • 

«Shrek O Musical» é a primeira adaptación oficial da produtora DreamWorks que fai ao galego, da man de Coda TM, e que chega a Lugo o próximo sábado, día 22. 

Trátase dun espectáculo familiar moi divertido, cheo de maxia e sorpresas, cunha escenografía de varios decorados, 50 actores en escenario, unha banda de músicos en directo e un coro de máis de trinta persoas.

O musical -cunha duración de dúas horas, dirixido por Olalla Bouzas e con música de Jeanine Tesori- é a representación da oscarizada película de DreamWorks, e baseada nos personaxes do libro Shrek, de William Steig. O espectáculo trata valores como a aceptación e o valor por un mesmo, a amizade, e como afrontamos os estereotipos e as diferenzas.