O Concello aumentará o cadro de persoal con 114 empregos públicos

La Voz

LUGO CIUDAD

OSCAR CELA

Un 60 % das prazas son de quenda libre e un 40% de promoción interna

15 dic 2018 . Actualizado a las 20:07 h.

O goberno local de Lugo anunciou que reforzará o cadro de persoal municipal con 114 postos incluídos nas catro ofertas de emprego público que logrou sacar adiante no que vai de mandato tras negociacións cos sindicatos. Deles, preto do 60% son de quenda libre e o 40% de promoción interna. A día de hoxe, están convocadas 44 prazas, e outras 12 convocaranse a principios de xaneiro, o que supón a metade do total. As restantes convocaranse seguidamente. Desas 44 xa convocadas, 41 teñen aprobados os tribunais cualificadores, o último paso previo á celebración dos exames. Entre os postos incluídos nas ofertas de emprego público, figura un importante número de efectivos dos servizos de protección á comunidade, pois prevese a contratación de 19 bombeiros e 18 axentes da Policía Local, e tamén de servizos relacionados coas políticas sociais (educadores sociais, técnicos de xardín de infancia, celadores de colexio, auxiliares do fogar, entre outros), así como urbanismo, enxeñería, brigadas, informática ou Administración Xeral. O goberno local lembra que entre o 2012 e 2015 o Goberno do PP «limitou a contratación ás prazas equivalentes ás xubilacións do ano anterior».

A relación de postos incluídos nas ofertas públicas de emprego en marcha é a seguinte: OEP 2015 (36 postos). Quenda libre (18 postos): 2 técnicos de Administración, 1 axente de Emprego e Desenvolvemento Local, 2 educadores sociais, 1 técnico de xardín de infancia, 1 delineante, 1 oficial lector de contadores, 1 auxiliar administrativo, 6 bombeiros condutor, 1 axudante de cociña-limpeza, 1 celador de colexio público, 1 oficial albanel. Promoción interna (18): 1 enxeñeiro técnico agrícola, 1 técnico medio da área económica, 1 técnico medio de xestión, 6 administrativos, 2 policía local, 1 oficial sepultureiro, 1 auxiliar do fogar, 1 peón especialista, 4 oficiais maquinista fontaneiro.

OEP 2016 (22 postos). Quenda libre (11): 2 arquitectos, 6 bombeiro condutor, 2 auxiliar administrativo, 1 oficial vixiante recadador. Promoción interna (11): 1 enxeñeiro de camiños, 1 inspector principal de Policía, 3 inspectores Policía, 2 oficiais de Policía, 2 administrativos, 1 sarxento de bombeiros, 1 mestre electricista.

OEP 2017 (22 postos). Quenda libre (17): 1 aparellador, 5 policías locais, 3 bombeiros condutores,

2 auxiliares administrativos, 1 lector de contadores, 1 oficial vixiante recadador, 1 oficial electricista, 1 celador de colexio público, 1 ordenanza, 1 traballador de familia. Promoción interna (5): 1 inspector de Policía, 3 técnicos medios de xestión, 1 administrativo.

OEP 2018 (34 postos). Quenda libre (24, o maior número dos últimos anos): 1 letrado asesor, 2 arquitectos, 1 director de Banda de Música, 1 enxeñeiro industrial, 1 enxeñeiro técnico industrial, 1 coordinador de Deportes, 1 técnico superior de informática

3 policías locais, 3 bombeiros condutores, 3 oficiais condutores, 1 oficial condutor maquinista, 2 oficiais (brigada de obras), 1 ordenanza, 2 celadores, 1 operario (brigada de obras). Promoción interna (10): 1 intendente de Policía, 1 oficial de Policía, 1 analista de sistemas/aplicacións 1 administrativo, 1 xefe do Parque Móbil, 1 coordinador de publicacións, 1 técnico auxiliar electricista, 1 encargado da Brigada de Zona Rural, 1 encargado de Deportes, 1 auxiliar administrativo.