Morte e memoria, a debate en Lugo nunhas xornadas os días 30 e 1

LUGO CIUDAD

ALBERTO LÓPEZ

O I Congreso Iberoamericano reunirá a expertos de distintos países

27 nov 2018 . Actualizado a las 09:43 h.

Días 30 e 1 • Auditorio O Vello Cárcere (Lugo) • Gratuíto. Inscricións en cemiterio.lugo.gal • 

Morte e memoria centrarán o I Congreso Iberoamericano sobre as perspectivas da morte, unhas xornadas de debate pioneiras. 

VENRES 30

· 10.00h. «A morte no Lugo romano: rituais e espazos funerarios», Enrique González, arqueólogo do Concello.

· 11.00h. «Análise dun espazo de memoria esquecido», Antonia Pérez, doutora arquitecta, profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura en A Coruña.

· 12.30h. Comunicacións

· 16.00h. «Perdeuse o hábito branco: a morte entre os maias de onte e de hoxe», Ana García, Historia da Arte e Historia de América II.

· 17.00h. Mesa redonda «A morte nas distintas culturas»: Esther Vaquero, Fundación Chu Sup Tsang, «A morte na filosofía budista»; Max-Jean Zins, doutor en Ciencias Políticas, «Evolución dos ritos funerarios de guerreiros na India hoxe», e Jesús Ávila, Ciencias da Información, «A morte no catarismo».

· 19.00h. «Memorias do alén», con Achádego Teatro.

· 20.00h. Visita guiada ao cemiterio municipal de San Froilán, con Ana Goy, catedrática de Historia da Arte e directora do Centro de Estudos da Cidade.

SÁBADO 1

· 9.30h. Mesa redonda «Morte digna»: Isidoro Rodríguez, doutor en Humanidades, «Axudar a morrer a cada persoa: unha cuestión individual e cultural»; María González Granxeiro, Dereito (Complutense) e avogada (dereito de familia e de sucesións), «A situación legal da morte digna en España»; Ascensión Cambrón, Asociación polo dereito a unha morte digna, «Libres ata o final. Materiais para xustificar a eutanasia», e Carlos Álvarez, asociación Vida Digna, «Problemas xurídicos económicos e éticos da legalización da eutanasia».

· 12.00h. «A morte como patrimonio propio de Iberoamérica: perspectivas antropolóxicas sobre malas e boas mortes», Juan Antonio Flores, doutor Antropoloxía Social.

· 13.00h. «Cemiterios como recurso cultural e turístico, experiencias de xestión e difusión», Francisco José Rodríguez, doutor en Xeografía e Historia.

· 16.00h. Mesa redonda «Grandes cemiterios patrimoniais»: Jordi Valmaña, presidente da AFCM, «Os cemiterios viven: descobre a historia da cidade a través do seu patrimonio funerario»; José Francisco Ferreira, doutor en Historia da Arte, «Flores en túmulos oitocentistas como expresión de identidade nacional»; Eduardo Jorge Montemuiño, Rede Uruguaia de cemiterios e sitios patrimoniais, «Patrimonio funerario uruguaio. Un legado vivo no presente», e Ana Goy, «O cemiterio de San Froilán».

· 18.30h. «Difusión da cultura funeraria», Jesús Pozo, revista Adiós Cultural.