Investigadores da USC publican unha guía divulgativa dos elementos químicos da táboa periódica

Lugo / La Voz

LUGO CIUDAD

CEDIDA

Ofrece información de todos elementos, desde os máis antigos ata os incorporados en 2016

27 nov 2018 . Actualizado a las 18:56 h.

«Guía dos elementos químicos. Historia propiedades e aplicacións». É unha obra colectiva de carácter divulgativo na que participaron como autores os profesores do Departamento de Química Inorgánica da USC e integrantes do grupo de investigación Suprabioin Manuel Rafael Bermejo Patiño, Ana María González Noya e Marcelino Maneiro Maneiro, compila ampla información sobre a historia e as aplicacións dos elementos incluídos na táboa periódica. 

Unha das novidades desta obra afecta ao feito de que inclúe todos os elementos da táboa periódica, desde os máis antigos, tales como o ouro, cuxo descubrimento se remonta a máis de 8.000 anos, ata as incorporacións máis recentes, como o son o Nihonio, Moscovio, Téneso ou Oganesón, elementos que foron incorporados en 2016, segundo indicou o profesor Marcelino Maneiro.

Outra das particularidades desta obra está na amplitude da información compilada respecto das propiedades e aplicacións dos elementos que conforman a táboa periódica, unha ferramenta de máxima relevo para os químicos, salientou Marcelino Maneiro, para logo engadir que este guía divulgativa dos elementos químicos achega datos respecto das utilidades e aplicacións máis tradicionais de cada un dos elementos da táboa periódica, ao tempo que aporta tamén datos respecto dos novos usos e potenciais aplicacións destes mesmos elementos a través do emprego de novas técnicas e tecnoloxías.