Executivas de Galicia asesorará á Escola de Relacións Laborais do campus de Lugo

Lugo / La Voz

LUGO CIUDAD

Carlos Castro

Tamén financiará seis matrículas do Máster Paulo Fabio

27 nov 2018 . Actualizado a las 18:44 h.

A Asociación Executivas de Galicia ofrecerá asesoramento á Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo para mellorar o nivel de competencias e o grao de empregabilidade das tituladas procedentes. Así se reflicte no convenio asinado hoxe entre a presidenta de Executivas de Galicia e o presidente da Fundación Campus Universitario de Lugo, Jaime López.

O acordo de colaboración entre ambas entidades contempla como obxectivo potenciar as habilidades directivas e de liderado das traballadoras galegas, ademais de conseguir unha maior presenza da muller favorecendo a súa participación en ámbitos de responsabilidade e mellorar a súa empregabilidade.

Con este acordo, Executivas de Galicia obtén a posibilidade de propoñer á Fundación Campus Universitario de Lugo seis alumnas, que obterán facilidades económicas para a realización do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos, un título de posgrao que tamén se imparte no centro universitario lugués.