Luar na Lubre presenta disco en decembro

LUGO CIUDAD

BASILIO BELLO

As entradas para o concerto de Lugo xa están á venda en Ataquilla.com desde 15 euros

26 nov 2018 . Actualizado a las 20:37 h.

Luar na Lubre presentará en Lugo o venres 14 de decembro o seu último disco, Ribeira Sacra. Terá lugar no Auditorio Gustavo Freire ás 21.00 horas. As entradas xa están á venda a partir de 15 euros en Ataquilla.com.

Este novo traballo discográfico supón unha forma de poñer en valor, a través da música, a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental da Ribeira Sacra. A banda folk, liderada por Bieito Romero, gravou en outubro do 2017 este novo disco no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense), con 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e recollen tamén feitos e personaxes históricos. Contaron con ducias de colaboradores, como Víctor Manuel, Sés, a Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso, Juan A. Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez ou Brais Maceiras, entre outros.