Fin de semana de tapeo outonal en Castro de Ribeiras de Lea

La Voz

LUGO CIUDAD

Carlos Castro

02 nov 2018 . Actualizado a las 21:29 h.

Na tarde de onte comezaron as xornadas de tapeo outonal en Castro de Ribeiras de Lea. Un evento que terá lugar durante toda esta fin de semana e poñerá o seu punto e final mañá domingo. As xornadas contan coa colaboración de varias empresas da zona e buscan promocionar os produtos locais. Trátase da segunda edición de Castronomía de Outono, un evento organizado por Nuria Martínez (Mariva), Miguel Lombardía (Améndoa), Carlos González e Lucía Falcón (Fénix) e Marisol Rodríguez e Miguel Doval (LyM).

Once establecementos da localidade ?Lea, Chus, Puente, Suso, Paco, Sagitario, Mariva, Arrincadeira, LyM, Fénix e Améndoa?, participan nesta cita, na que servirán, ao prezo único de 1,50 euros, tapas ideadas para exaltar os produtos da zona. Aqueles que as degusten todas entrarán no sorteo dunha fin de semana no Talaso Atlántico de Oia.

Productores

As firmas locais Mar de Lorbé, Quescrem, Croketas D, Grupo Sada, Surexport, Frilea e Leitigal achegan a materia prima para esta iniciativa gastronómica, polo que os seus produtos estarán presentes nas tapas que degustarán os clientes. A maiores, os organizadores tamén contan coa colaboración de Estrella Galicia, Abanca, Gaseosas La Pitusa e o Concello de Castro de Rei.

No día de onte e durante a xornada de hoxe, os participantes poderán saborear as propostas dos once locais entre as 20.00 horas e a medianoite. Mañá domingo, a degustación será de 12.00 a 15.00 horas. Os participantes tamén poderán entrar no sorteo dun premio valorado en 600 euros, unha estancia de fin de semana para dúas persoas, con todo incluído, no hotel Talaso Atlántico de Oia, sempre que completen a ruta e proben todas as tapas que ofrecen os once locais que participan neste evento gastronómico.