A programación do Concello busca recuperar esta tradicional festividade
27 oct 2018 . Actualizado a las 10:50 h.Días 31 de outubro e 1, 2, 3 e 4 de novembro • Lugo • De balde •
A concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou onte a programación que organiza o Concello de Lugo con motivo do Samaín. Entre os días 31 e 4 haberá actividades variadas (xogos, visitas guiadas, música, desfile de ánimas, merendas...) pensadas para toda a familia.
Basadre animou aos lucenses a participar nos actos, cuxo obxectivo é «manter viva unha tradición e recuperar unha festividade nacida no pobo castrexo».
A programación é a seguinte:
Mércores 31
· 18.00, 18.45, 19.30 e 20.15h. Centro arqueolóxico de San Roque. Unha merenda de morte. Visita guiada a esta necrópole romana e obradoiro de elaboración de doces do Samaín. Recoméndase acudir disfrazados da maneira máis terrorífica posible. Inscricións na Oficina Municipal de Turismo (Praza do Campo, 11) ou no 982 251 658
Días 1, 2, 3 e 4
· 12.30h. Desde a Praza do Campo, 11. Déixate guiar, vive Lugo. Visitas guiadas pola cidade. Inscricións na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658)
Sábado 3
· Desde as 10.30h. Auditorio e patio do Vello Cárcere. Homenaxe ao escritor Isidro Novo
· 17.30-22.30h. Praza da Soidade (no caso de choiva, no mercado municipal). Obradoiros de cabazas, recortables, pintacaras e xogos do Samaín. Despois, desfile de ánimas polo adarve da Muralla (con Lugdunum, Trebas Galaicas, Mercenarios Galaicos e Clan de Breogán)
Domingo 4
· 13.00h. Patio do Vello Cárcere. Concerto de Kimuru. Entrada libre ata completar cabida