Os Xílgaros preparan unha foliada-magosto para o día 3

Haberá castañas, moita música e premios


Sábado 3 • 20.00 horas • Parrillada La Campiña (Lugo) • Gratis • 

A Asociación Cultural e Grupo Tradicional Os Xílgaros de Lugo, que preside Óscar Pérez, organiza a VI Foliada-Magosto 2018 para o día 3, con castañas gratuítas para todos os asistentes e sorteos de premios. 

Trátase dun evento consolidado, «no que cada ano asisten máis persoas, tanto músicos como público, para gozar dunha xornada de outono chea de tradición, castañas, música, baile e canto». Na cita participan varias asociacións e grupos tradicionais, tanto de Lugo coma doutras comarcas da xeografía galega.

Os grupos que asistirán son Nubeiro Lugo, Os Cantareiros das Regas, Os Acordeóns de Vila de Cruces, Os Carecos de Ortigueira, Os Diplomáticos do Acordeón, Os Clásicos e Os Xílgaros de Lugo. No evento pode participar xente que estea empezando a tocar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os Xílgaros preparan unha foliada-magosto para o día 3