Lugo acolle en novembro o espectáculo «Somos criminais»
19 oct 2018 . Actualizado a las 09:31 h.Venres 23 e sábado 24 de novembro • 20.30 horas • Auditorio Municipal Gustavo Freire • Lugo • Entradas: a partir de 11 euros en entradas.ataquilla.com •
Volve a Lugo o espectáculo de humor «Somos criminais», con Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán. Máis de 30.000 espectadores gozaron xa deste espectáculo na primeira xira. Os cómicos analizan e dramatizan crimes autóctonos para comprobar se «temos unha cultura criminal propia» e se «delinquimos como galegos».