«A imaxe de Luís Pimentel marcoume, era un home tenro»


Cando se lle pregunta a Lombao polos personaxes de Lugo que máis lle marcaron non dubida en falar de Luís Pimentel: «Ía moito pola súa casa porque miña nai era ama de cría da súa filla, e a súa imaxe marcoume, era un home tenro e á vez de gran respecto na cidade». Tamén destaca ao cura de San Froilán, Xosé Fernández Núñez «e a un gran amigo, Manuel María, poeta do pobo por excelencia».

E cando se lle pregunta a Manuel Lombao por un prato tampouco dubida do polbo e o seu cheiro no feiral. «Boteino de menos en Madrid, porque cando cheguei quedei sorprendido porque alí o polbo tíñano en cebola, como unha ensalada». Tamén destaca os callos, «con garavanzos, por suposto». E sobre un recuncho da cidade quédase cunha lembranza: «O mirador que había desde o Parque Rosalía para ver o río Miño e toda a arboreda que había».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«A imaxe de Luís Pimentel marcoume, era un home tenro»