A Casa da Xuventude ofrece este outono roteiros, baile, arte e deporte para os mozos

LUGO CIUDAD

O Concello preparou un amplo programa de actividades

29 ago 2018 . Actualizado a las 10:35 h.

Desde o 8 de setembro ata o 27 de decembro • Lugo • Información e inscricións no 010, en www.lugo.gal ou na Casa da Xuventude • 

A Casa da Xuventude ofrece este outono numerosas actividades para os mozos. A programación foi presentada pola concelleira Carmen Basadre. 

Actividades:

· Lili Hop e Vintage Jazz (novidade), xoves, 19.00-20.30 horas, do 20 de setembro ao 27 de decembro.

· Cociña de outono: os luns, 19.00-21.00 horas, do 24 de setembro ao 29 de outubro.

· Amigurumis (novidade), xoguetes feitos con ganchillo: os luns, 19.00-21.00 horas, do 24 de setembro ao 19 de novembro.

· Pilates: luns, 20.00-21.00 horas, do 24 de setembro ao 10 de decembro.

· Hipopresivos (novidade): martes, 20.00-21.00 horas, do 25 de setembro ao 11 de decembro.

· Preparación First: martes e xoves, 19.30-21.00 horas, do 25 de setembro ao 13 de decembro.

· Preparación Firs Intensivo: sábados, 10.30-13.30 horas, do 29 de setembro ao 15 de decembro.

· Ioga: mércores, 20.00-21.00 horas, do 26 de setembro ao 12 de decembro.

· Zumba: venres, 20.00-21.00 horas, do 28 de setembro ao 14 de decembro.

· Batucada: sábados, 10.30-13.30 horas, do 29 de setembro ao 15 de decembro. Na Casa da Música.

· A arte de contar historias (novidade): do 15 ao 31 de outubro, 19.00-21.30 horas.

· Con sabor a Nadal (comidas e repostería do Nadal): os luns, 19.00-21.00 horas, dende o 5 de novembro ao 10 de decembro.

· Quedadas en idiomas (novidade): todos os mécores, 17.00-21.00 horas.

Roteiros á montaña (16-30 anos):

· Ancares-Piornedo. 20 outubro. 

· O Courel-Alto do Couto. 17 novembro.

· Día Branco en Leitariegos. 27 decembro.

Roteiros fluviais (14-35 anos):

· Fragas do Eume. 8 de setembro. Ruta de sendeirismo pola mañá e xogos no campo de obstáculos pola tarde. Saída da Casa da Xuventude ás 8.00 horas. 

· Monte Peñafiel e fervenza do Ézaro. 15 de setembro. Saída ás 7.30 horas.

· O río Miño no Encoro de Belesar. 22 de setembro. Saída ás 8.00 horas.

 

Xornada sen móbiles:

Xornada para vivir a experiencia de pasar catro horas sen móbiles, con diversas actividades. O 6 de setembro, 17.00-21.00 horas, nos Robles. De balde.

  

Decoración:

Do 26 ao 30 de novembro decorarase a Casa da Xuventude para o Nadal. Está convidado a participar quen o desexe e os asistentes terán un agasallo.