A alcaldesa de Lugo pídelle a San Roque axuda contra a velutina

La Voz

LUGO CIUDAD

Carlos Castro

«Dado que a Xunta di non ter competencias e única solución é convivir con elas», ironizou a rexedora antes da ofrenda ao santo

16 ago 2018 . Actualizado a las 18:10 h.

Como é tradición, membros da corporación local de Lugo, baixo a presidencia da alcaldesa, Lara Méndez, participaron nos actos de conmemoración da festividade de San Roque. A comitiva, acompañada pola Garda de Gala, partiu en formación dende a casa consistorial ata chegar á capela de San Roque, onde asistiu á misa na honra deste santo. Cúmprese así o voto que a cidade de Lugo presta a San Roque, ao que invocou protección en 1768 para facer fronte a unha epidemia de peste de mediadosdo século XVIII.

Carlos Castro

A alcaldesa, a preguntas dos medios de comunicación sobre cal é a súa petición a San Roque neste 2018, afirmou que este ano «o que compre é pedir que nos axude a combater a praga da velutina, dado que como a Xunta di non ter competencias e a única solución que nos dá e convivir con ela, o que pedimos é que San Roque nos bote unha man aos lucenses e a todos os galegos para que inspire ao goberno galego a ver cal é a senda a seguir para eliminar este problema».

Carlos Castro