Desde Miño


Desde hai 45 anos veraneo en Miño, en tempos a praia de Lugo, que rexistra un certo esmorecemento, aínda que sigamos a vir moitos lucenses. Que Miño fose o noso lugar preferido para veranear radicaba na súa magnífica praia, segura para as familias por selo para os nenos, e ser a praia máis preto de Lugo, e con mellores estradas para achegarse en máis breve espazo de tempo.

Pero as praias de Lugo foron achegándose á cidade porque as estradas melloraron, os concellos promocionaron o turismo e fomentaron a construción -algúns pasáronse de voltas neste labor construtor- e o resultado foi que a costa lucense fíxose mais atractiva, e a afluencia a Miño é menor, alúganse menos pisos, e aumentou o turismo de tarde xa que as comunicacións permiten traballar pola mañán e acudir pola tarde á praia.

A todo isto veu sumarse a crise que paralizou a economía e restrinxiu os gastos dos visitantes, co que os que continuamos aquí facémolo porque nos sigue entusiasmando o lugar, porque posuír vivenda fidelizounos á zona, e a estas alturas da vida non estamos para andar cambiando, e apreciamos máis a tranquilidade familiar que poñernos a experimentar noutros lugares. Ademais, o rexeitamento polos turistas que existe en lugares masificados polos visitantes, nós xa o sufrimos hai corenta anos, que se a masificación resulta molesta, en Miño molestáballes que viñeramos invadilos co noso descanso estival. E nós, resistimos durante décadas. Todo acaba asentándose… E nin agora hai tanta masificación de lucenses, nin os miñenses soportan tan mal aos que vimos gastar os cartos na súa terra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Desde Miño