Arqueoloxía romana para tornar ao pasado

maría m. guntín / x.m.p. LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

ALBERTO LÓPEZ

Unha exposición amosa a antiga cidade de Lucus Augusti e as diferentes mostras romanas que se foron atopando

06 ago 2018 . Actualizado a las 21:55 h.

Os primeiros datos de restos arqueolóxico da antiga Lucus Augusti arrancaron no século XVI, pero é a partir do XX cando os datos comezan a ver a luz a través de estudos, monografías o conferencias. A exposición arqueolóxica Desenterrar o pasado: un percorrido pola arqueoloxía de Lugo fai unha viaxe polas escavacións arqueolóxicas da cidade. A través do que se podería denominar bloques exponse a mostra, nas dúas plantas do espazo expositivo «Zona de mulleres». O percorrido e xenérico e accesible. Comeza no ano 1986, cando comezaron as extraccións con motivo dos aparcadoiros.

No 26 a.C. Octavio Augusto chegou á península para loitar nunha guerra que xa comezara dous séculos atrás e que someteu a todo o territorio ao primeiro emperador de Roma. A guerra non rematou ata o 19 a. C. De todos esos anos quedaron numerosísimos restos que explican como é Lugo hoxe e que se recollen no Vello Cárcere. As primeiras novas sobre as pegadas romanas escribíronas personalidades como o Licenciado Molina, Juan Pallares e Manuel Risco

A fotografía é probablemente a gran protagonista da exposición, na que se poden ver inscripcións latinas da muralla, descubrimentos ordeados cronolóxicamente e obxetos que van dende mosaicos ata cerámica vermella. Pero os romanos non estiveron en Lugo para loitar, senón para vencer, que dicía Lúculo. Como fallo, nos carteis informativos estaría ben coidar as faltas de ortografía nunha exposición pola que se espera que pase tanta xente.

 O comezo está nos anos oitenta

Os anos oitenta foron o punto de inflexión para a arqueoloxía lucense. Todo comezou coa construción de tres aparcadoiros subterráneos no centro da cidade: o da praza de Santo Domingo, o da praza do Ferrol e o da praza da Constitución. A mediados de século as primeiras escavacións comezaron da man de Xulio Carballo Arceo. Foi en marzo de 1986 cando as máquinas destrúen a necrópole da praza da Constitución, ca excepción dun pequeno recuncho.

Estes primeiros restos foron a proba máis efectiva do valioso que é Lugo como xacemento arqueolóxico. En Santo Domingo descóbrense os restos dunha gran domus con mosaicos e unha calzada romana. Na praza do Ferrol, unha necrópole de incineración con máis de 66 enterramentos, ademáis de tres fornos oleiros e restos do acueduto.

Ao mesmo tempo, comezaron as escavacións en soares privados e salen á luz restos de dúas posibles domus, mosaicos que hoxe se conservan no Museo Provincial, restos do acueduto romano e un enterramento cristiá. Nesta primeira década fanse máis de 80 intervencións arqueolóxicas cuns resultados salientables en cantidade e en calidade.

O legado por excelencia do Imperio Romano é a Muralla de Lugo. Consérvanse restos do monumento dende o século XV. As súas primeiras escaleiras documéntanse con motivo duns derrumbamentos. A partir de 1970 comeza a Operación Muralla Limpa, onde cobran partido os traballos de control arqueolóxico das obras de conservación e restauración, que permitiron documentar outros elementos relacionados coa Muralla. Todo rematou na declaración pola Unesco como Patrimonio Mundial no ano 2.000. Pero non todo acontece na capital. Tamén no contorno da cidade aparecen os xacementos arqueolóxicos. Un exemplo é o conxunto monumental de Santa Eulalia de Bóveda. Tamén en Barbaín se escavaron os restos dunha instalación artesanal romana. En Coeses, a autovía puxo ao descuberto outro xacemento.

 Un campamento militar

No ano 2001 un novo control arqueolóxico permitiu constatar a presencia do primeiro campamento militar romano de Lucus Augusti, preto do sanatorio dos Ollos Grandes. Os primeiros restos en saír á luz son do século 3 a.C. Estaban ben conservados e foron un avance importante para os estudos arqueolóxicos que se levaron a cabo nesa primeira década de século, nun impulso por poder voltar a vista atrás e saber un pouco máis do que foi Lucus Augusti e os seus habitantes.

 O foro romano

A finais dos 90 os profesionais atopan a ubicación da gran praza pública: o foro, situada entre varias rúas do centro. Ao mesmo tempo aparecen máis restos do conxunto termal xa coñecido, rexístranse achados de calzada e tamén os mosaicos da gran domus antiga. Xa a comezos do século XX é o turno do barrio de A Tinería, que tamén aporta datos relevantes para saber un pouco máis desas raíces romanas.

A conservación foi o seguinte paso para os escavadores a través das denominadas ventás arqueolóxicas, que integraba os restos romanos na paisaxe úrbana de xeito que todo o mundo puidera velos. A primeira foi a da Porta Nova e, anos máis tarde, a da piscina romana na praza de Santa María.

Os castros tamén son outro tesouro, e foron aparecendo progresivamente a través das distintas escavacións. Baixo o actual balneario que se atopa nas marxes do río Miño están as antigas termas romanas. Diversas actuacións permitiron conseguir unha nova imaxe desta importante instalación romana.

 Problemática actual

O problema das ventás arqueolóxicas situadas na cidade é que están condensadas a maior parte do ano. Isto impide ver nada máis aló do cristal opaco, que produce un efecto máis ben de descoido que de lembranza histórica, que foi a finalidade principal da iniciativa.

Actualmente, no Círculo das Artes estase escavando un templo romano