Máis de 250 bailaríns darán vida ao Festival Internacional TangoLiber

Lugo será referencia en tando desde o xoves 19 ata o domingo 22


Desde hoxe ata o domingo • Lugo • 

Máis de 250 bailaríns darán vida entre hoxe e o domingo ao IX Festival Internacional TangoLiber. A programación foi presentada onte pola deputada de Cultura, Pilar García Porto; a concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira; a secretaria da Asociación Cultural Tango Club Galicia, Alejandra Botigué; o presidente do Círculo das Artes, Miguel Caraduje, e outras autoridades. 

Xoves 19

· 20.00-23.00h. Milonga de Benvida musicalizada por Magín Daniel López e presentación do Festival na sala de exposicións da Deputación. Actividade aberta e gratuíta.

Venres 20

· 16.00-21.30h. Milonga de tarde musicalizada por Jose Guilherme na sala de exposicións da Deputación. Aberta e gratuíta.

· 19.00-20.00h. Tangoterapia impartida polo psicólogo Julio Corredoira na sala de exposicións da Deputación. Aberta e gratuíta.

· 23.00-4.00h. Gran Milonga del Viernes con exhibición de Karina Colmero e Maximiliano Cristiani musicalizada por Mª Carmen Villafuente, no salón rexio do Círculo das Artes. Actividade para participantes con inscrición.

Sábado 21

· 11.30-14.30h. Seminarios de Tango no Gran Hotel. Actividade para participantes con inscrición.

· 16.00-19.00h. Milonga de tarde musicalizada por Francisco Serrano na sala de exposicións da Deputación. Aberta e gratuíta.

· 16.30-21.30h. Seminarios de Tango no Gran Hotel. Actividade para participantes con inscrición.

· 23.00-4.00h. Gran Milonga de Tango Club Galicia con exhibición de Maria Iner Bogado e Roberto Zuccarino musicalizada por Victor Ariel Yuryevic, no salón rexio do Círculo das Artes. Actividade para participantes con inscrición.

Domingo 22

· 10.00-14.00h. Seminario especializado de Tango no Gran Hotel. Para participantes con inscrición.

· 12.00-14.00h. Milonga na Praza Maior musicalizada por Magin Daniel López. Aberta e gratuíta.

· 14.30-20.30h. Comida e Milonga Despedida no Gran Hotel, musicalizada Por Víctor Ariel Yuryevic. Para participantes con inscrición.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Máis de 250 bailaríns darán vida ao Festival Internacional TangoLiber