«Os sons do Patio» levarán catro concertos este verán ao Vello Cárcere

LUGO CIUDAD

oscar cela

Programa musical para as noites lucenses

19 jul 2018 . Actualizado a las 10:40 h.

Desde o 26 de xullo ata o 15 de setembro • 21.00 horas • Patio central do centro sociocultural O Vello Cárcere (Lugo) • Entrada libre • 

A concellería de Cultura, que dirixe Carmen Basadre, deu onte a coñecer o programa de concertos «Os sons do Patio», que levará catro actuacións musicais ao Vello Cárcere entre o próximo día 26 e o 15 de setembro. Haberá música clásica, soul, jazz, swing xitano e funny jazz.

O programa de concertos é o seguinte:

· 26 xullo, 21.00h. Voluta Duet. Dúo de violonchelo e guitarra clásica. Repertorio de BSO e adaptacións.

· 1 setembro, 21.00h. Iria Estévez. Presenta «Camiños do fado», xunto a Gonzo Piña á guitarra. Fado e cantiga galega.

· 8 setembro, 21.00h. Voodoo. Con Belém Taje á voz e Maritxinha ao baixo eléctrico.

· 15 setembro, 21.00h. Mera & Regueiro Swing Duet. Xabier Mera á voz e á guitarra, xunto a David Regueiro presentan un repertorio de swing xitano e «funny» jazz.