«Temos que defender o mantemento dos cuarteis da Garda Civil en todos os casos»

Enrique Gómez Souto
Enrique G. Souto LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

osca cela

Carballo recoñece que intentou sen moito éxito que houbera máis policías a pé polo casco histórico de Lugo

03 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

 

Ramón Carballo Páez (Pedrafita do Cebreiro, 1959) vive na capital lucense desde que tiña 11 anos. Ao seu currículo acaba de engadir a condición de ex subdelegado do Goberno en Lugo. «Foi unha das etapas máis bonitas e más importantes da miña vida», di dos 6,5 anos que ocupou o despacho principal do casón de Armanyá. Iso si, houbo algúns sinsabores. «No cómputo xeral voume coa sensación do deber cumprido». Como anécdota di que nin un só día quedou para o seguinte un documento pendente de firmar. Carballo, home tranquilo, analiza algúns dos asuntos máis relevantes do tempo no que ocupou o cargo, para o que hoxe toma posesión na Coruña a mariñana Isabel Rodríguez. Di que no casco histórico ten que haber máis policías a pé.

Tocoulle exercer o cargo en momentos nos que houbo algúns problemas relevantes...

Si, houbo momentos difíciles. Por distintos motivsuntos xudiciais máis destacados e que a ninguén se lle escapan. Houbo un moos. Por un lado, polos amento en que dixen que había que limpar a imaxe de Lugo, e eu creo que a estas alturas, xa non é noticia por eses asuntos. Por outro lado, houbo mobilizacións importantes na cidade. Manifestacións, tractoradas, folga de recollida de lixo, entre outras cousas. Eu creo que se facilitou o exercicio do dereito á folga e á manifestación. Dicíanme os funcionarios que houbo unha semana con máis manifestacións e protestas das que houbo nos doce meses dalgún ano. Teño que dicir que a relación foi moi fluída con todos os sindicatos, aos que quero agradecer que souberan entender que había que facer compatible o dereito de manifestación co dos que non queren participar nas folgas.

Non faltaron tampouco os casos de violencia de xénero...

Foron momentos duros, desagradables, dolorosos. Nestes anos houbo cinco mulleres mortas en casos de violencia de xénero (dúas en Lugo, dúas na Mariña e unha en Becerreá).

Carballo, sinceramente, ¿a de Lugo é unha provincia tan segura como din as estatísticas? Hai moitas vítimas de roubos en casas que non pensan iso.

Lugo é unha provincia moi segura. É algo que, á vista dos datos, defenderon os que me precederon no cargo, defendín eu e, de manterse os mesmos datos, terán que defender os que veñan. Iso é así. Agora ben, outra cousa é a sensación de seguridade, que é unha cuestión moi persoal. Está claro que para os afectados por incidencias de seguridade se crea unha alarma que é comprensible.

De todas maneiras, o nivel de cobertura das plantillas é, ou polos menos foi durante algún tempo, moi inferior ao desexable...

Temos 57 cuarteis da Garda Civil na provincia. Iso supón unha gran implantación territorial, supón proximidade. Nestes momentos está cuberto o 90% da plantilla da Garda Civil na provincia. No Corpo Nacional de Policía, o 80%. Vanse incorporar seis novos policías, máis once que virán de prácticas. Teño que dicir que loitei, e ás veces non se consigue o que se pretende, que houbera máis policía a pé pola cidade, polo casco histórico. Os cidadáns din que se ven poucos policías a pé. Eu creo que, efectivamente, as patrullas en coche son moito menos eficaces para previr as incidencias en ámbitos como o casco histórico. Por certo, a sensación de seguridade é moi importante para atraer turismo.

As infraestruturas dos corpos de seguridade en Lugo son mellorables, ¿non cre?

Si. No caso da Garda Civil o ministerio ten que facer un esforzo para mellorar os cuarteis, cuxo mantemento temos que defender en todos os casos. No caso da Policía, en Monforte para a nova Comisaría hai pechado practicamente un acordo para que se ceda un centro para ese fin. Na capital, o anterior Goberno deixou avanzada a creación da nova Comisaría no recinto do antigo complexo do Hospital Xeral. É moi necesaria, porque o actual edificio quedouse obsoleto en canto a espazo e non está no lugar máis indicado desde o punto de vista da seguridade. Quero destacar a profesionalidade de todos os corpos e forzas de seguridade.

Okupas, dereitos sociais e a necesaria defensa da propiedade privada

O exdelegado do Goberno Ramón Carballo pensa que o estado de benestar ten que dar resposta ás necesidades dos cidadáns que non teñen cubertas as necesidades básicas. Por iso, cando toca falar dos problemas relacionados coa okupación de vivendas, Carballo ten moi claro que por medio dos correspondentes servizos sociais é preciso buscar solucións para cada caso. «Pero iso é unha cousa e outra que non haxa que loitar por defender a propiedade privada. No seu momento, falei co presidente da Audiencia e coa fiscalía para ver de axilizar os procesos para liberar os pisos okupados».

O modo de entender o ocio de algúns sectores da inmigración crea problemas con certa frecuencia en Lugo...

Si, crea problemas en algunha zona, como Camiño Real ou Fonte dos Ranchos. Intentamos atallar eses problemas na medida do posible.

Aumentan ou diminúen os expedientes de regularización das situacións dos inmigrantes?

Houbo un descenso moi notable, case á metade, pero está repuntando. 

Unha reforma que levou a Armanyá todos os servizos integrados na Subdelegación

Durante o mandato de Carballo houbo obras na sede da Subdelegación do Goberno. «Había dúas plantas e media baleiras. Fixemos reformas e conseguimos centralizar todos os servizos integrados neste edificio. Foi o caso de Estranxeiría, que estaba en Río Neira.».

?Hai quen di que non fixo política desde a Subdelegación...

?O de subdelegado non é un cargo electo, é de representación. Evitei usar o posto politicamente, non é lugar para facer política. Fixen política de partido ao marxe da institución; son o presidente da xunta local do PP. Agora farei política onde me toque [de si será ou non candidato á alcaldía, Carballo non di nin palabra]