Adai celebra a feira do cabalo o día 24

No Corgo haberá concursos morfolóxicos, exhibicións de doma e música

.

 Domingo 24 • Todo o día • Recinto feiral de Adai (O Corgo) • 

O Concello do Corgo organiza a tradicional XXIII Feira do Cabalo de Adai o domingo 24, con concursos morfolóxicos, exhibicións de doma e música. Programa:

· 9.30h. Apertura

· 10.00-13.30h. Agasallos de benvida aos cabaleiros

· 11.00h. Inscricións

· 11.30h. Concurso Morfolóxico para cabalos de Pura Raza Galega puntuable para a XVI Copa Galicia PRG, maiores de 3 anos

· 12.00h. Concurso Morfolóxico para eguas de Pura Raza Galega puntuable para a XVI Copa Galicia PRG, sección de eguas maiores de 3 anos

· 12.30h. Concurso Morfolóxico de cabalos cruzados, maiores de 3 anos

· 13.00h. Concurso Morfolóxico de eguas cruzadas, maiores de 3 anos

· 13.30h. Entrega de premios e trofeos e Exhibición de Doma con cabalos de Pura Raza Galega da Asociación Pura Raza Cabalo Galego

· 17.00-18.00h. Gran Exhibición de Doma de Alta Escola Doma Clásica, Fantasías Ecuestres e Doma en Liberdade  

· Durante toda a xornada, actuación da Charanga NBA

Votación
1 votos
Comentarios

Adai celebra a feira do cabalo o día 24