Os alicientes do Arde Lucus, presentados en Madrid

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

CEDIDA

A Casa de Galicia acolleu o acto de presentación da festa

11 jun 2018 . Actualizado a las 22:10 h.

O Arde Lucus recibe vistantes de moitos lugares, tanto de Galicia como de fóra. Tamén se pode dicir que sae fóra de Galicia na procura deles, como se amosou hoxe: a concellleira de Cultura, Carmen Basadre, viaxou a Madrid para presentar o programa na Casa de Galicia, onde a acompañou o director, José Ramón Ónega. Ónega, nado en Pol,salientou a súa orixe luguesa, e mesmo lle agradeceu a Basadre que levase a Madrid «un sopro de felicidade».

 A festa celebrarase esta vindeira fin de semana, do venres ao domingo, cun programa de máis 350 actividades, con moitas novidades.

Desfile de colexios

A concelleira anunciou que no desfile dos colexios, participarían máis de 4.000 persoas e que nun dos máis chamativos, o desfile de asociacións arredor da Muralla, habería grupos de España e doutros países. O campamento denominado Castra de Lucus Augusti instalarase no parque Rosalía de Castro, e polo adarve da Muralla desenvolverase o Murus Lucis, cun enfrontamento entre romanos e castrexos. Porén, non só o centro e os arredores son os escenarios, pois tamén teñen lugar actividades na ponte ou nas termas romanas. Por outra banda, as empresas de autocares Alsa e Arriva ofrecerán cadanseu desconto do 25% e do 10% aos que viaxen a Lugo nos seus vehículos.