Arte e devoción para celebrar o Corpus

O VII Encontro Eucarístico Lucense celébrase entre o 31 de maio e o 11 de xuño

.

O Centro Eucarístico Lucense organiza o VII Encontro Eucarístico Lucense, que inclúe diferentes actividades con motivo da celebración do Corpus. Haberá música, poesía, charlas, oficios relixiosos, fotografía e a Ofrenda de Galicia ao Santísimo Sacramento. O programa de actividades é o seguinte:

Xoves 31

· 20.00h. Antas de Ulla. Parroquia de San Xoán. Eucaristía e Adoración do Santísimo

· 20.00h. Lugo. Catedral. Xoves Eucarístico. Eucaristía e procesión

Venres 1

· 20.45h. Lugo. Catedral. Primeiro concerto do V Festival Internacional de Órgano. Adoro te devote, Hans Ole Thers (Dinamarca), órgano

Sábado 2

· 12.30h. Lugo. Catedral. Capela de San Froilán. V Concurso Fotográfico e IV Certame Literario: entrega de premios e inauguración da exposición fotográfica

· 20.00h. Lugo. Catedral. Novena na honra do Santísimo Sacramento. Ata o día 10. Predica Alfonso Gutiérrez Estudillo, delegado episcopal de Cáritas da Diócese de Cádiz-Ceuta

Domingo 3. Corpus

· 11.00h. Lugo. Praza de Santa María. Eucaristía e procesión. Actuará o Grupo de Cámara da Banda Filarmónica de Lugo, o Orfeón Lucense e a Coral do Hospital Xeral-Calde

Luns 4

· 20.45h. Lugo. Parroquia de Santiago A Nova. Festival Internacional de Órgano: Lauda Sion Salvatorem. Lukas Gothszalk, trompeta, e Johannes Skudlik (Alemaña), órgano

Mércores 6

· 20.45h. Lugo. Catedral. Festival Internacional de Órgano: Sacris Solemnis. Jan Vermeire (Bélxica), órgano, e Giulio Mercati (Italia), órgano

Xoves 7

· 18.30h. Lugo. Catedral. Xornada de adoración ao Santísimo (todo o día) e reflexión. Gaudete et exultate. Alegraos y regocijaos. Presentación de algunos textos de la Exhortación Apostólica del Papa Francisco sobre la llamada a la santidad en el mundo actual. Miguel Álvarez Pérez, ecónomo diocesano e párroco de A Fonsagrada

· 20.00h. Lugo. Catedral. Eucaristía e procesión

· 21.00h. Lugo. Capela Maior do Seminario Diocesano. Festival Internacional de Órgano: Lidia Basterretxea Vila (Bilbao), soprano; Claude Hauri (Suíza), violonchelo, e Giulio Mercati (Italia), harmonium Dupont

Sábado 9

· 18.30h. Lugo. Catedral. Summa Poética. Recital poético-eucarístico

· 20.00h. Vísperas Solemnes da Oitava do Corpus

Domingo 10. Ofrenda

· 12.00h. Lugo. Catedral. Ofrenda de Galicia ao Santísimo Sacramento. Preside o arcebispo de Santiago. Presenta a Ofrenda o alcalde de Betanzos

Luns 11

· 20.45h. Lugo. Catedral. Festival Internacional de Órgano: Pange Lingua. Coro Solo Voces (Lugo) e Inge Beck (Dinamarca), órgano

Por outra banda, do 3 ao 8 de xullo terá lugar o III Curso de Música Litúrxica do Corpus Christi (iniciación ao canto litúrxico, dirección coral, órgano e canto).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Arte e devoción para celebrar o Corpus