Equigal e Equiocio abren hoxe en Lugo co Concurso de Salto Nacional

La Voz

LUGO CIUDAD

Óscar Cela

Lara Méndez inaugura a feira do cabalo de Lugo

18 may 2018 . Actualizado a las 13:27 h.

Desde hoxe ata o domingo e do 24 ao 27 • Pazo de Feiras e Congresos de Lugo • Entrada: 3 euros (de balde para os menores de 16 anos) • O importe recadado será doado á Fundación de Dano Cerebral (Fudace) • Lugo acolle a partir do venres o Salón Internacional do Cabalo, no que se fusionan Equigal e Equiocio, eventos nos que se esperan milleiros de persoas. O principal evento é o Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española, no que se darán cita máis de cen cabalos das mellores ganderías, tanto do territorio galego coma do resto de España.

Hoxe, mañá e o domingo terán lugar os concursos de salto. Por unha banda, o Concurso de Salto Nacional ( CSN**) Cidade de Lugo de 2 estrelas. E por outro, o CSN de Ponis. Os días 24, 25, 26 e 27 terá lugar o XI Salón do Cabalo de Galicia, no que se realizarán os concursos de Pura Raza Española (PRE) e o último día, o domingo 27, será o Concurso de Pura Raza Árabe (PRA).

Ademais, realizaranse diferentes actividades de animación durante todo o evento, da man de Carrousel Espectáculo Amazonas.

En Equigal 2018 haberá unha zona de exposición e venda, que estará formada polas ganderías participantes nos concursos morfológicos e unha zona de cafetería con servizo ininterrompido desde a apertura do salón ata o seu peche. Tamén haberá unha zona de lecer infantil, Poni Club, na que se ofertarán diferentes actividades relacionadas co mundo do cabalo, enfocadas aos máis pequenos e sempre supervisadas por monitores. Trátase dunha ocasión especial para que se poidan iniciar na arte da equitación e para que tomen contacto, moitos deles por primeira vez, cun animal caracterizado pola súa nobreza e mansedumbre.