Danza e música tradicional para o Día das Letras Galegas en Lugo

Actuarán alumnos dos colexios e da Escola de Música e diferentes corais e orfeóns


Hoxe • Todo o día • Lugo • 

A música e o baile encherán de festa e cultura o Día das Letras Galegas en Lugo. A mañá estará protagonizada por case 130 alumnos de diferentes colexios da cidade (Anexa, Menéndez Pelayo, Illa Verde, Luís Pimentel, Rosalía de Castro, Sagrado Corazón, Divina Pastora e Asociación Aspnais), ademais do alumnado da Escola Municipal de Música de Lugo, que darán forma ao Festival de Danza e Música Tradicional das Nenas e Nenos de Lugo.

As actuacións terán lugar na Praza Maior co seguinte programa:

· 12.15h. Banda da Escola Municipal de Música de Lugo

· 12.45h. Baile tradicional galego e desfile a cargo dos nenos dos colexios participantes, acompañados polo grupo de pandereteiras da Escola Municipal de Música de Lugo

· 13.00h. Exhibición de baile tradicional galego, a cargo dos rapaces dos colexios participantes, acompañados pola actuación do grupo tradicional da Escola Municipal de Música de Lugo.

 

Corais e orfeóns

Pola tarde continuarán as representacións de música e baile tradicional, coa actuación de nove agrupacións corais e orfeóns, que percorreran desde as 18.30 horas a Rúa Bispo Aguirre e a Praza Maior, seguindo o paseo literario que existe nestes espazos. Os grupos participantes son a Coral Asociación Amigos do Camiño de Santiago, Cantar Delas, Coral Ecos do Miño Astelu, Coral Polifónica Hospital Xeral, Conxunto Vogal Lugh, Grupo Vocal Solo Voces, Orfeón Xoán Montes e Coral Xolda. Terá unha duración de noventa minutos e contará co xornalista Paco Nieto como presentador do concerto.

 

Repertorio

As obras que interpretán son as seguintes: Diante da estatua de Álvaro Cunqueiro, a Coral Polifónica Hospital Xeral Calde cantará San Campio e Quen puidera namorala; diante de Uxío Novoneyra, a coral Xoldra entoará Compañeira e Eu de Marín Ausenteime; diante de Curros Enríquez, a Coral Asociación Amigos do Camiño interpretará Do mar pola orela e María Soliña; na estatua de Otero Pedraio, Ecos do Miño actuará coas pezas de O páxaro e Os teus Ollos; diante de Eduardo Pondal, será a quenda de Orfeón Lucense, con A nena da fonte e O meu amor mariñeiro.

Diante de Rosalía de Castro, Solo Voces cantará as pezas Cada noite e O cuco, que repetirá, noutra versión o Orfeón Xoán Montes. Diante de Valle Inclán, Cantar Delas interpretará Quantas sabedes amar amigo e Santa María Estrela do Día.

Na estatua de Castelao, Lugh cantará O sol da primaveira e O Carro. Xa por último, ante a estatua de Manuel María, o orfeón Xoán Montes entoará Vento Mareiro. Ao rematar, terá lugar unha actuación final coas voces de todas as agrupacións, que interpretarán Negra sombra e o Himno Galego.

 

Cántigas e Frores celebra o Festival de Escolas

12.00 horas • Auditorio Municipal Gustavo Freire • Lugo • Aberto a todo o público •

A Asociación Cultural Cántigas e Frores celebra o seu Festival de Escolas, no que participarán máis de 150 persoas de entre 4 e 80 anos.

Neste festival actuarán todas as escolas da asociación (gaita, percusión, canto, baile e acordeón) e faranlle unha homenaxe á escritora María Victoria Moreno.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Danza e música tradicional para o Día das Letras Galegas en Lugo